Xornadas "Renovando a esquerda"

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter


Data: Xoves 29 de novembro / xoves 13 decembro

Lugar: Salon de Graos. Facultade de Ciencias Políticas. Compostela

Organiza: Espazo Ecosocialista Galego

Colabora: Decanato da Facultade de Ciencias Políticas da USC

Cartel renovando

 

pdfXornadas Renovando a Esquerda.pdf

Motivacións para unhas xornadas sobre a renovación da esquerda:

A converxencia e a unidade da esquerda plural en Galicia

A esquerda galega, atomizada en varios espazos electorais, as veces enfrontados, ten a necesidade da confluencia, pero de forma imperiosa a coordinación, e inspirar unha democracia económica, social, verde e política que constrúa un modelo alternativo ao neoliberalismo e outros fíos que teñen caído na decadencia, polo desenvolvemento humano, económico e social.

A esquerda renovadora e plural, non pode estar incapacitada para incidir nesta superestrutura política a crear, non tendo forza nestes intres para transforma-lo sistema pola falla da adecuación de seu corpo teórico/ideolóxico na realidade dun mundo distinto. Reformular a teoría da lei do valor das mercadorías, papel dos estados, a amplitude do suxeito social para o cambio,..

Que o conseguido non fora sido todo o que se quería, significa que queda moito por facer, e, polo tanto, que a esquerda é necesaria. Os éxitos e fracasos significan que a acción da esquerda non se escribe nas estrelas, que é resultado da vontade dos homes, e aquí a responsabilidade das súas lideranzas. Podemos ollar cara atrás e dicirnos: Canto se fixo! E creando o porvir podemos exclamar Canto queda por facer!

Dentro dese qué facer, é necesario a recomposición unitaria do conxunto da esquerda moderna, renovadora, plural, razoable. Entroncar cós latexos da ampla maioría na súas reivindicacións cotiáns para vehicular esas inquedanzas no político. Engadir os sentires de hoxe, transversalidade e cooperativismo político onde o cidadán sexa e exerza a soberanía, sabedores que temos un planeta con recursos limitados, cambios climáticos, biodiversidade ameazada, etc … Un mundo globalizado que estamos a sufrir, igualmente que noutras latitudes, pola acumulación do capital no 1% da poboación mundial, namentres o resto, as terceiras cuartas partes do mundo vive na miseria. En definitiva, unha conciencia nacional aberta nun país cunha cidadanía cosmopolita.

Unha sociedade ten un maior desenvolvemento económico en función da súa capacidade produtiva na creación de bens materiais e como se reparten, coa conseguinte conciencia nacional. Coa xenerosidade de saber quén somos, e saber que neste mundo non estamos sos, que temos un acompañante a “sociedade civil”, a cidadanía na súa pluralidade

O galeguismo da esquerda renovada, non so actívase no romanticismo da querenza a esta terra pola defensa da súa singularidade, psicolóxica, sociolóxica, senón tamén no ameto do debate cultural e da proposta política.

No ameto político e imprescindible unha esquerda do século XXI forte para apuntalar as converxencias na cooperación en marcos plurais diante dos novos retos.

 

Sesión I: Xoves 29 de novembro

16,30 a 18,30. Mesa 1. Ideas para unha esquerda do século XXI

Modera: María Xesús Bóo Feijóó (co-portavoz de Espazo Ecosocialista e membro de Ames Novo )

Xan Duro Fernández (membro de Espazo Ecosocialista)

Xaquín Fernández Leiceaga (ex-parlamentario e membro do PSdG)

Xoán López Facal (economista e histórico dirixente da esquerda galega)

Manuel Martínez Barreiro (editorialista. articulista de El Pais)

18,45 a 21,00. Mesa 2. Radicalidade democrática e desafección política

Modera: Marcos Pérez Pena (director de Praza Pública)

Manuel Dios Diz (co-portavoz de Espazo Ecosocialista)

Xosé Manoel Pereiro ( articulista e presidente do Colexio de Xornalistas de Galicia )

Xesús Veiga Buján ( economista.e ex-parlamentario. Membro de Abrente e do BNG)

Encarna Otero Cepeda (ex-directora xeral de fomento da Xunta de Galicia)

 

Sesión II: Xoves 13 de decembro

16,30 a 18,15. Mesa 3. Converxencias na Cooperación en marcos plurais

Modera: Xaime Subiela (politólogo. Promotor da IBC)

Xose Manuel Pazos ( ex-parlamentario e concelleiro de ACE en Cangas)

Rafael Pillado (histórico líder político da esquerda e membro do Colectivo Fuco-Buxan)

Anton Sanchez García (concelleiro de Anova en Bergondo e parlamentario de AGE)

Cesar Santiso (concelleiro de A Coruña de EU-Os Verdes)

18,30 a 20,40 Mesa 4. A esquerda renovadora diante dos novos retos

Modera: Tino Santiago (redactor da TVG)

Yolanda Díaz Pérez (coordinadora xeral de EU)

Angel Garcia Seoane (alcalde de Oleiros por Alternativa dos Veciños)

Xulia Guntín Arauxo (economista e membro da executiva de CxG)

Xoán Hermida González (coordinador de Espazo Ecosocialista)

Martiño Noriega Sánchez (alcalde de Teo, portavoz de EI e membro de Anova)

20,40 a 20,50. Panel Conclusións

Inscricións previas en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?