Ecogaleguistas cre que aínda hai tempo para que Anova e CxG marquen o carácter nacional dun acordo amplo e necesario

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

manos unidasEspazo Ecosocialista defende unha ampla unidade galega e democrática sustentada nas ideas da esquerda e da radicalidade democrática

Espazo Ecosocialista defendeu, defende e vai seguir a defender a máxima unidade posible diante da situación de emerxencia nacional que vivimos e diante da necesaria recomposición da esquerda nacional que esta por facer.

Cabe recordar que esta necesidade de converxencia e renovación nas formas de entender e interpretar a política teñen o seu precedente no movemento  15-M que puxo de manifesto unha desafección clara pola política tradicional.

Ademais, aínda que a esquerda nacional e o galeguismo político son movementos amplos non é menos certo que hoxe asistimos a unha situación de reconstrución froito da crise do BNG e da saída de Encontro Irmandiño (EI) e de Máis Galiza (+G) trala asemblea de Amio de xaneiro pasado.

Tanto a Iniciativa Ben Común no seu día, impulsada por xentes da esquerda nacional, coma as propias declaración de Encontro Irmandiño (EI) ou de Máis Galiza (+G) no seo do BNG entendían que o problema pasaba por unha maior apertura cara a sociedade e unha xenerosidade á hora de abordar as diferenzas.

Desde o inicio de todo este proceso complexo e difícil de reconstrución da esquerda nacional e do galeguismo político algúns apuntabamos tres cuestións:

- Que a crise do nacionalismo non se resolvía en meses pois estaba enmarcada nunca ampla crise do progresismo global;

- Que a aposta por un espazo amplo significaba construír un espazo cooperativo plural que non tiña cabida nun partido único ( construíndo un frontismo sen fronte).  Mesmo cando empezouse a distanciar Encontro Irmandiño (EI) dos outros colectivos dixemos que non podiamos seguir falando de diferentes procesos senón de distintos proxectos, sabedores da diferenza clara en democracia entre un proxecto político de unha coalición ou acordo;

- Que se necesitaba un proceso de renovación onde a nova esquerda tivera un instrumento político necesario que se situara como espazo central, e non extremo, do proxecto.

Cando en maio pasado constituíuse Compromiso por Galicia (CxG) faciamolo sobre a base de construír unha Cooperativa Política, que non partido nacional neutro.

Sabiamos das contradicións que un espazo amplo podía ter no eixo esquerda-dereita pero o faciamos pensando:

na necesidade de renovación (parte desa renovación era tirar os muros do actual nacionalismo e construír un espazo nacional e galeguista como punto de encontro entre nacionalistas e non nacionalistas);

necesidade de radicalidade democrática (entender e respectar a opinión discrepante e non convertela en disidente);

O  19X produciuse un viraxe político coa ampla unidade sindical e algúns reclamamos o liderazgo de CxG para afrontar a inevitable e obvia  demanda de unidade política.

A maioría preferiu ver para outro lado e iniciar unha carreira aillacionista cara o ningures.

Este liderazgo que se reclamaba para CxG  o ocuparon outros, mesmo algunha forza con dificultades ata o de agora por situarse no panorama político galego.

As demandas da cidadanía pola unidade son un clamor. O noso principal compromiso debe ser coa cidadanía e a situación  na que esta a vivir.

No último Consello Político de CxG (01.09.12) defendemos a unidade entre Anova e CxG como soporte nacional dunha alianza ampla progresista, democrática e galega.

A proposta sustentábase nos principios fundacionais de CxG:

Proxecto dirixido a maioría social;

Galeguismo como expresión dun nacionalismo máis aberto e que abrangara xente que sen definirse nacionalista entendera o carácter nacional do proxecto ( desde logo non coma un disolvente da esquerda );

Progresismo inclusivo como acollemento de tódolos sectores progresista e de esquerdas.

Os outros dous grupos de CxG non o entenderon así.

Consideramos que é un grave erro por varias razóns:

- Porque a unidade electoral vai ser a única que permita construír posteriormente as eleccións o necesario traballo de reconstrución da esquerda renovadora;

- Porque a esquerda nacional e o galeguismo político necesitan ter resultados nas autonómicas non porque non se poda facer unha travesía no deserto senón porque para facela hai que ter confianza e claridade cara a onde se quere ir, cousa que hoxe non existe;

- Porque o caracter renovador dunha forza perdese se non é capaz de liderar as demandas políticas e sociais da cidadanía.

Lamentamos que o debate en CxG  escoitaranse formulacións sectarias e excluíntes que xa entendiamos superadas ( españolismo, deslealdade, ... ), nunha decisión de tanta importancia e onde por primeira vez non había o consenso necesario previo.

Por outra banda, xa non a deriva, senón a percepción que ten a sociedade, é que CxG tivo durante agosto un forte corremento cara á dereita. Si non é mais que unha percepción deberíase intentar corrixir cousa que non se fai.

O rexeitamento da proposta de unidade electoral con Anova aberta a outras forzas que puideran compartir o acordo era a única proposta que ademais de desbloquear o acordo con Anova se sustentara no principio do progresismo inclusivo.

Máis tendo en conta que tanto Anova coma EU xa expresaron a súa vontade unitaria ampla.

O rexeitamento desta proposta unitaria, presentada por Ecogaleguistas, por 12 votos a favor, 34 en contra e 2 abstencións amosan unha corrente importante de busqueda unitaria que os dirixentes de CxG non deberían deixar de escoitar e ter en conta nesta semana decisiva para un posible acordo. (ver pdfproposta rexeitada)

Espazo Ecosocialista, desde a autoridade moral que lle ofrece sempre defender o mesmo e non aspirar  a postos electorais, vai seguir a explorar todas posibilidades de unidade o máis ampla que se poida conquerir.

Espazo Ecosocialista saberá actuar en consecuencia en función dos intereses das persoas e do BenComún.

Aínda estamos a tempo.

En Compostela a 02 de setembro de 2012. Coordinadora Nacional de Espazo Ecosocialista

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?