O concello de Ferrol debatira unha moción en defensa dos Servizos Sociais

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

Rolda ferrol

Rolda de prensa aos medios (23-04-2013), donde se presesenta a moción refundida, en "contra da Reforma da Lei de Bases de Réxime Local e pola Defensa duns Servizos Sociais Públicos", de Esquerda Unida (Ferrol) Suso Bestarrechea e a de Espazo Ecosocialista (Ferrol) Lucia Vizoso

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estase a falar moito dos efectos que sobre o funcionamento dos concellos e sobre as adicacións dos concelleiros e alcaldes terá a Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local, pero pouco se fala do impacto que terá sobre os Servizos Sociais que practicamente desmantelaranse ou sobre os seus profesionais que deixaran de ser municipais e poderán estar sometidos a recortes de plantillas ou a mobilidade laboral.

Diante disto, Espazo Ecosocialista unha campaña informativa que contara coa presentación de MOCIÓNS nos concellos e levará o tema ao Parlamento Galego a través do Grupo Parlamentar de AGE.

O pasado 22 de abril Espazo Ecosocialista presentaba unha Moción no rexistro do Concello de Ferrol que posteriormente se refundiu cunha moción presentada por EU e que será debatida nun próximo pleno.

Para Espazo Ecosocialista estamos diante dunha cuestión de máxima gravidade pois se a sanidade e o ensino están sendo nun proceso continuo de recortes e privatización, no caso dos servizos sociais pretendese directamente o seu desmantelamento, aprobeitando que a poboación non é tan consciente da súa necesidade.

Ecosocialistas alertan sobre o que pode supor este desmantelamento nun momento de crise onde calquera persoa non esta segura de ser beneficiaria de ditos servizos.

Ademais os profesionais corren o risco, de aprobarse esta lei, de despidos e de mobilidade laboral.

Mais alá das declaracións faise preciso realizar un profundo traballo de información publica e denuncia para poder mobilizar a paralización deste proxecto e coordinar soa diversos colectivos afectados.

Espazo Ecosocialista apoia as mobilizacións que a Marea Laranxa de profesionais dos servizos sociais están a levar adiante. 

 

 

 

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Ferrolterra

Equipo Coordinación Comarcal

  • Lucia Vizoso Amado  (Coordinadora Comarcal)
  • Bernardo Lorenzo Cuetara (Coordinador Comarcal)
  • Anxo Otero Fernandez (Vicecoordinador Area Interna)
  • Amparo Gines Dominguez (Vicecoordinadora de Comunicación)
  • Cesar Pena Leira (Mugardos)
  • Cesar Daniel Castro García (Fene)
  • Manel Cardoso Santiago (Ares)
  • Susana Alanid González (Ferrol)

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?