Folga Xeral Comarcal 12 de xuño: Ferrolterra esixe solucións

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

ferrolterra

Se existe unha comarca golpeada con dureza polas políticas económicas e sociais postas en marcha polas distintas administracións está é a comarca de Ferrolterra.

Desde a década dos oitenta estase a enfrontar a numerosos problemas, debido ao declinar do sector naval, o traslado da flota a Rota, e a falla de políticas capaces de impulsar un tecido produtivo máis diverso.

Todo comeza coa primeira reconversión (1984) que pretendia pechar Astano, sen basearse en criterios técnicos algúns. Foi a administración socialista a que deu o pistoletazo para levar ao abismo a comarca de Ferrolterra. Foron moitas as promesas de reindustrialización da comarca de Ferrol, adicáronse inxentes cantidades de diñeiro público a empresarios para que instalaran as súas empresas. Para elo valéronse de organismos públicos: Fondos de Promoción de emprego, Zona de Urxente Reindustrialización, Zona Industrial en Declive e agora o Plan Ferrol. Foron moi poucas as empresas novas as que se instalaron e das que se asentaron a maioría xa non existen, outras tiñan concesións de parcelas e tiveron a súa imaxe corporativa enclavada. Lembrémonos da conserveira do Cisne, desaparecida, ou da que se publicitou a esgallo como a fabrica italiana do vidro, a Sociedad Italiana do Vidrio (SIV), que nunca chegou a funcionar.

A resposta, con grandes mobilizacións, foi quen de retrasar o que dalgún xeito eran as pretensións iniciais de peche do asteleiro Astano.

A alternancia das administracións socialistas e populares, o único que nos levaron foi a unha depresión económica e poboacional. Intercambiándose o papel de policía bo e policía malo, segundo tocaran poder.  

Loxicamente os ferroláns son escépticos neste intre coas promesas, queren feitos. Os feitos teñen que ser políticos para o relanzamento da comarca. O sector naval é o motor da economía, xa que a acreditación de coñecemento tecnolóxico e capacidades produtivas e competitivas de Navantia son referencia a nivel nacional e internacional.

E imprescindible levantar o veto a construción civil no naval e dotar de carga de traballo para o emprego e a economía da comarca de Ferrolterra. No ano 2010 Navantia xerou o 3,5% do emprego de toda a provincia da Coruña e a súa produción foi o 3% do PIB.

Para Ferrol, a decisión dos gobernos Central e da Xunta de non acometer a construción do dique flotante, de non ter consignado nos orzamentos para posibilita-lo, demostran o que dalgún xeito os representantes dos traballadores prevían e anunciaban de falta de compromiso político do PP con esta comarca.

Quedan máis promesas, algunha no caixón como a VI fragata ou a PEMEX.

O desemprego supera o 28% e a ausencia de políticas de desenvolvemento económico e de emprego estaa levar a Ferrolterra a unha situación de emerxencia económica e social que afecta a tódolos sectores produtivos e de servizos.

E isto ademais no marco dunha crise que se quere aproveitar para rematar coas conquistas sociais e para enfrontar a uns sectores con outros.

Por iso é moi importante a unidade sindical e social acadada para promover a folga xeral comarcal do 12 de xuño e por iso conta co apoio de Espazo Ecosocialista.

 
Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Ferrolterra

Equipo Coordinación Comarcal

  • Lucia Vizoso Amado  (Coordinadora Comarcal)
  • Bernardo Lorenzo Cuetara (Coordinador Comarcal)
  • Anxo Otero Fernandez (Vicecoordinador Area Interna)
  • Amparo Gines Dominguez (Vicecoordinadora de Comunicación)
  • Cesar Pena Leira (Mugardos)
  • Cesar Daniel Castro García (Fene)
  • Manel Cardoso Santiago (Ares)
  • Susana Alanid González (Ferrol)

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?