O Concello de Ourense necesita unha pasada pola radicalidade democrática

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

20130612 131042 resized

A iniciativa fai fincapé nos mecanismos de participación que son fundamentais para o control da actividade do goberno local por parte da cidadanía

Espazo Ecosocialista presentou unha moción sobre radicalidade democrática e transparencia para a súa consideracion no pleno do concello de Ourense

Coincidido coas novas de malas prácticas e falla de control do gasto dos fondos públicos, ademais do supostos casos de corrrupción que salpican dia si, día tamén o Concello de Ourense Espazo Ecosocialista rexistrou a moción sobre participación e transparencia.

Esta Moción enmarcase na campaña sobre Radicalidade Democrática e Participación Cidadá que puxo en marcha Espazo Ecosocialista Galego. De feito hai unhas semanas Espazo Ecosocialista presentaba o seu informe sobre ‘Radicalidade Democrática e Participación Cidadá’ nun acto no Ateneo de Ourense, como base propositiva da campaña que os ecosocialistas están a impulsar por un ‘novo proceso constituínte para o século XXI’ e que os esta a manter reunións con máis de medio centenar de organizacións sociais e políticas.

O informe de Radicalidade Democrática está a servir de base para diversas iniciativas parlamentarias que o grupo de AGE levará ao Parlamento Galego e tamén en forma de Mocións nos prinicpais concellos de Galicia. Dito informe aborda aspectos relacionados co sistema electoral (proporcionalidade pura, circunscrición única galega, primarias abertas ou programas vinculantes entre outras medidas), coa transparencia pública e a participación (propostas de goberno aberto, amplitude da posibilidade de inisitivas lexislativas popular ou referendos, fiscalidade e orzamentos participativos), co cumprimento de cargos públicos (limites de mandatos, supresión de privilexios, topes máximos de remuneración, ...) ou coa reforma institucional ou da xustiza (abolición da monarquia, eliminación das deputacións, laicidade do estado, ...) ata un total de 51 medidas.

 

A moción rexistrada hoxe no concello recolle 26 puntos divididos en tres apartados: participación, transparencia e eficacia e foi presentada polo responsable comarcal, Julio Des Diz, e o seu coordinador nacional de Espazo, Xoán Hermida.

Para os responsables de Espazo Ecosocialista o goberno municipal de Ourense debería estar preocupado polas malas prácticas e a falla de control, que veñen a chover sobre mollado, sobre os supostos casos de corrupción que están a ser invertigados pola xustiza. Nese senso a proposta de Espazo conten puntos como a posta en marcha de protocolo de boas practicas, publicación e transparencia do patrimonio e salarios dos concelleir*s, a implantación de orzamentos por programas, procedementos de avaliación e control cidadá, igualar o salario dos concelleir*s aos funcionarios de maior categoría, eliminación de pluses e dietas.

En canto a participación cren que en Ourense existe un regulamento de participación claramente mellorable. Así a Moción de Espazo conten varias medidas para mellorar a participación que partan dun novo regulamento de participación cidadá que contemple os referendos, a moción de confianza popular, as practicas de goberno aberto, os orzamentos participativos, ...

Para ver moción pincha en pdfMocion Radicalidade Ourense

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Ourense

Equipo Coordinación Comarcal

(pendente de elección)

Anxeles Faraldo Valles (Dinamizadora Comarcal)

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?