Espazo Ecosocialista apunta as novas axendas para o actual periodo de sesión do Parlamento Galego

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

parlamento xente

Divididas nos bloques de radicalidade democrática, sustentabilidade e ben común ocupan as axendas que afectan á xente do común

Espazo Ecosocialista traslada ao Grupo Parlamentar de AGE 59 propostas de resolución para o debate do estado da autonomía

Espazo Ecosocialista resume en 59 propostas as propostas de resolución que trasladara ao Grupo Parlamentar de AGE para o debate do Estado da Autonomía.

Estas iniciativas de Espazo serán vistas polo Grupo Parlamentar, xunto coas trasladadas polos outros partidos da coalición e pola cidadanía para sintetizar en medio centenar as propostas a presentar no marco do debate do estado da autonomía.

As resolucións se dividen en tres bloques temáticos: Radicalidade Democrática e Liberdades, Sustentabilidade e Políticas Sociais e do Ben Común son, segundo o criterio de ecosocialistas, o que abarcan as axendas centrais que lle afectan á xente do común.

Estas propostas recollen as diferentes iniciativas que durante o anterior período de sesións Espazo Ecosocialista trasladou ao parlamento galego por medio de AGE e algunhas que fará no actual período de sesións.

No primeiro Bloque sobre Radicalidade Democrática e Liberdades destacan as referidas á desafección política – carta de dereitos da cidadanía, control e limitacións ao poder dos partidos políticos e supresión das deputacións –

Neste mesmo apartado tamén están os temas que teñen que ver coa cultura da paz, como o impulso a propia lei de fomento da cultura da paz ou os temas referidos coa memoria histórica.

Temas de liberdades no campo da comunicación o de dereitos afectivos e de xénero das persoas, como o recoñecemento dun novo xénero sexual ademais do xa recoñecido home-muller.

No apartado de Sustentabilidade destacan os referidos a novos modelos enerxéticos e a loita contra o cambio climático.

En temas de transporte, ecosocialistas, volve a demandar un plano galego de mobilidade sustentable, un plano de modernización de transporte ferroviario que se centre na comunicación interna e unha rede básica ciclista galega.

Para ecosocialistas as propostas ecolóxicas son un elemento clave para a saída da crise por iso formulan un programa intensivo de creación de emprego público verde e un Programa de Imposición Fiscal Autonómica Verde

Residuos, reordenación do territorio, incendios ou traslado de ENCE, así como declarar o territorio da Comunidade Autónoma libre de fracking, son outras das propostas formuladas.

No Bloque de Políticas Sociais e do Ben Común a creación de emprego por medio de un plano global con respecto ao tema, un pacto nacional polo emprego ou un plano sectorial para a mocidade son elementos centrais, ao igual que o é o aumento de partidas destinadas ao desenvolvemento de plans de I+D+i.

Importancia central nas propostas dos ecosocialistas esta os temas centrados no reparto do traballo e da Renda Básica Universal. Así como a creación dunha banca pública galega é unha ferramenta clave para a dinamización económica.

Os temas referidos a defensa e mellora do ensino e da sanidade públicas son elementos centrais das propostas.

Igualmente ecosocialistas cre que a Xunta de Galicia debe tomar medidas para

priorizar a utilidade social da terra.

[*] Relación de pdfPROPOSTAS DE RESOLUCION. DEBATE ESTADO DA AUTONOMÍA 13

[*] Aquelas que non sexan levadas ao pleno de debate do estado da Autonomía serán convertidas en Proposicións Non de Lei para presentar durante o actual período de sesións.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?