Comunicado conxunto EU-EEG

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

Xoan-Yolanda

Reunidas delegacións da Permanente de Espazo Ecosocialista Galego e da Executiva de Esquerda Unida para valorar a situación política e social de Galicia, de cara a reforzar o traballo común con motivo das vindeiras eleccións europeas de maio de 2014, e a necesidade recoñecida por ambas organizacións de confluír na más ampla fronte posible de esquerda nacional galega ACORDAN:

  1. Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista Galego comparten o análise da difícil situación social e democrática que estase a vivir polo que son tempos que requiren das máis amplas unidades democráticas e de esquerda.
  2. Que as eleccións europeas nese contexto de sufrimento dos sectores máis desfavorecidos da poboación requiren programas claros de ruptura coas directrices da troica e que combatan as políticas de recortes e austeridade en Galicia e que afecten a Galicia dende o estado e dende a UE, alternativas de mantemento sostible dos servizos públicos e dunha economía o servizo das necesidades da cidadanía, e non dos poderes económicos especuladores.
  3. Que estes acordos amplos so poden ser eficaces cunha coordinación de proxectos de ruptura a nivel de Europa e cunha alianza a nivel de Estado que permitan abordar un proceso de superación democrática do esgotado modelo saído da transición.
  4. Que nesa ampla unidade debe participar un suxeito nacional galego, xa que a nova democracia debe ter un caracter plurinacional claro, coordinado cun proxecto de forzas de esquerda transformadora doutros territorios e mesmo do estado, tendo en conta a circunscrición única e a situación de crise sistémica e de novo proceso (s) constituínte (s).
  5. Que debe ser arredor de AGE onde se constrúa ese suxeito político de esquerda nacional galega concorrente nese proceso electoral dende unha colaboración estratéxica, corresponsable e compartida (de igual a igual) das súas forzas políticas que permita seguir a construír o novo proxecto político da esquerda nacional galega posto en marcha hai un ano .
  6. Como daquela, non pode haber lugar ás exclusións na participación neste proceso, desde as premisas de compartir as bases programáticas que se definan, mellorando o funcionamento interno, observándose as reivindicacións de máis democracia interna, máis transparencia e máis protagonismo da propia cidadanía crítica e mobilizada.
  7. Que Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista están en condicións de compartir unha mesma candidatura ás eleccións europeas nas claves anteriormente expostas.
  8. Que ademais de alianzas electorais a esquerda debe avanzar en formular de cooperación estratéxica sobre un caracter democrático e nacional. Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista Galego comprométense, nesa liña.

En Compostela, a 10 de outubro de 2013

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?