Abrir unha nova etapa en AGE cunha maior participación da cidadanía

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

ferrol

Hoxe reuniuse a Comisión Permanente de Espazo Ecosocialista para definir a súa postura sobre a situación creada en AGE a raíz da dimisión do seu deputado no parlamento de Galicia pola circunscrición de Ourense.

Para Espazo Ecosocialista a situación de emerxencia social e de corrupción política que estase a dar require dun AGE forte que se preocupe das axendas da cidadanía. Nese senso aprobouse o apoio as mobilizacións que maña terán lugar convocadas pola Plataforma Nunca Máis e as mobilizacións pola defensa do sector naval en Ferrol.

Para ESPAZO a decisión que AGE tome ao respecto deste asunto debe ser decidida na Comisión de Coordinación de AGE e por acordo consensuado de tódalas partes sen esperar por isto contraprestacións de parte nin reequilibrios futuros e ten que ser coherente co expresado neste tempo e tendo en conta a perda de confianza política na persoa de Carmen Iglesias.

A Permanente de Espazo Ecosocialista esta convencida de que a solución que se adopte será a máis acaída para o fortalecemento de AGE como proxecto político unitario da esquerda nacional e a superación dos erros e limitacións existidas ata o momento.

Asemade ESPAZO proporá á CCC de AGE traballar de xeito conxunto as propostas políticas sobre os orzamentos das principais cidades galegas como xa se esta a facer na cidade de A Coruña.

Asemade a Comisión Permanente de ESPAZO abordou aspectos preparativos da II Asemblea Nacional que celebrará en febreiro de 2014.

Texto integro da pdfPosicionamento da permanente de Espazo

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?