Espazo levará aos concellos e a rúa o apoio á Iniciativa Europea pola Renda Básica

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

rbe

Espazo Ecosocialista Galego, membro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), comezará unha campaña informativa a prol da Iniciativa Europea pola Renda Básica Incondicional, o mercores 4 de decembro de 2013. Este mesmo día instalará unha mesa informativa, de 17h a 20h, na compostelá praza do Toural, onde se recollerá o apoio da cidadanía a prol desta iniciativa.

O obxecto desta iniciativa é pedir á Comisión Europea que incentive a cooperación entre os Estados membros co obxectivo de explorar a Renda Básica Incondicional (RBI) como ferramenta para mellorar os seus respectivos sistemas de seguridade social.

A Renda Básica é unha aposta por un cambio de rumbo cara un mundo máis xusto e equitativo. Consiste nunha renda que, sen condicións, é concedida a cada membro da sociedade. Esta renda ten catro características: Asegura a existencia e posibilita unha vida integrada na sociedade; representa un dereito exixible individualmente; abónase sen ningún control de ingresos previos e non está condicionada ao traballo.

Deste xeito garántese unha vida digna e impídese que calquera cidadán poida entrar no umbral da pobreza. As persoas poden tomar as súas propias decisións sen estar sometidos á necesidade de vender a súa forza de traballo en condicións inaceptábeis.

O 14 de xaneiro de 2013, a Comisión Europea aceptou a Iniciativa de Cidadanía Europea pola RBI. A campaña ten como obxectivo recoller un total dun millón de sinaturas en Europa, e 40.000 no conxunto do Estado español. Esta campaña rematará o próximo 14 de xaneiro de 2014.

Como complemento a esta campaña informativa na rúa, Espazo Ecosocialista Galego rexistrará nos vindeiros días de decembro de 2013 nos prinicipais concellos de Galicia unha moción solicitando o apoio das corporacións municipais a prol da Iniciativa Europea pola Renda Básica Incondicional

Aqui podes ver pdfFolleto ESPAZO RBU a proposito desta iniciativa.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?