Espazo ve erroneas as políticas de tratamento de residuos do Concello de Pontevedra

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

IMG-20130417-WA0000 resized

 

Anima ao Concello a sairse de SOGAMA e seguir o exemplo de Rianxo

 

O fracaso medioambiental e enerxetico de SOGAMA amosan unha estafa que recae sobre os bolsillos de todos e todas, que hoxe mesmo volve a denunciar Espazo Ecosocialista (ver pdfPosición de ESPAZO sobre SOGAMA), ten no caso de Pontevedra unha peculiaridade co conflicto de SOGAMA co Concello de Pontevedra de fondo.

 

O actual goberno municipal amosa unha vez máis o facil que é levar adiante unha mala xestión, que ao final ten custes extras, en lugar de buscar alternativas a SOGAMA en case 15 anos de goberno.

 

Para ESPAZO o Concello de Pontevedra deberia levar a cabo axiña unha aposta polo reciclaxe e reutilización como se apuntou no Foro Europeo sobre Residuos celebrado en Pontevedra ou seguir o exemplo de Mancomunidades como a de Barbanza ou de concellos da mesma cor política como o de Rianxo.

Espazo Ecosocialista xa advertia no mes de maio pasado a insuficiente política de Residuos Solidos Urbanos que tiña o Concello de Pontevedra onde sendo 390 quilos de residuos os que xenera cada pontevedres ao ano só o 9% é reciclado.

 

E advertia de que as cifras de reciclado son de certo baixas para estándares europeos. E ese 81% de cidadanía presumiblemente ó ser resultado de non estar separada en orixe provoca un exceso basoira non tratable. Cos consiguientes custos.

 

Desde Espazo Ecosocialista xa formulabamos daquela as seguintes medidas:

 

- Que as políticas de residuos sexan dirixidas desde un departamento especifico e non sexa, como ocorre na actualidade, que sexa a empresa concesionaria a que toma decisións políticas e estratéxicas. É evidente que fai falla unha dirección política e técnica propia por parte do Concello.

 

-Necesidade de unha maior sensibilización da cidadanía. As cifras demostran que a colleita selectiva de refugallos na propia casa non se está a ser seguida maioritariamente pola cidadanía. Promover a sensibilización mediante incentivos a rúa máis limpa, o barrio máis coidado, etcétera. O grande premio podería ir, dentro da ley, dende exencións por redución de peso e volumen do lixo depositado nos contedores.

 

Sí se considera positivo o plan de compostaxe en parroquias do rural aínda que parece moi pequena a experiencia piloto de 50 compostadores ampliables a uns cantos máis. Nembargantes deberíase contar co coñecemento experto de todas e todos no rural con respecto ás “medas de estrume” que foi durante centos de anos o tratamento natural dos refugallos orgánicos da alimentación humán e broza das fincas.

 

- Instalación de puntos de recollida de voluminosos ao lado dos outros contenedores que permita a recollida porta aporta: colchóns, mobles, electrodomésticos que deberían ter unha zona sinalada a carón dos contadores. Respectar tamén as iniciativas individuais o de organizacións de recollida de cartón, metáis ou mobles e textil de economía de subsistencia.

 

-Puntos limpos de recollida de refugallos inertes especiais: bombillas de baixo consumo, fluorescentes, cd-dvd e material consumible de impresoras. Aínda que xa algunhas tendas recollen estes elementos NON todas o fan e o que é máis, o stock nas casas compensaría unha acción neste sentido.

 

-Posta en marcha dun mercado de troco e de segunda man para que os particulares poidan desfacerse e atopar tecnoloxía informática imposible de atopar no mercado.

 

-Necesidade da creación de zonas específicas para o uso das mascotas. Recintos pequenos pechados por elementos vexetais ou empalizadas, cubertos de area, en tódalas áreas de paseo e esparcemento. Evítase así que proliferen as deposicións, os malos cheiros ou as botellas de auga nos recantos dos comercios. Estas zonas deben ir acompañadas dun aparello específico para a recollida e limpeza mediante auga dos residuos das mascotas.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Pontevedra

Equipo Coordinación Comarcal:

  • Ana Isabel González Varela  (Coordinadora Comarcal)
  • Jose Antonio Ramírez Amor  (Coordinador Comarcal)
  • Silvia Rodriguez Fontan
  • Sara Ramirez Abal
  • Adele Cardarelli
  • Xoán Hermida González

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?