ESPAZO insiste nunhas claves participativas para construír unha nova esquerda nacional

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

outra politica

Resolución da Permanente de Espazo Ecosocialista

A Permanente de Espazo Ecosocialista abordou a nova situación creada en AGE a partir da rolda de prensa ofrecida hoxe por Xosé Manuel Beiras como portavoz do seu Grupo Parlamentar a propósito da súa vontade de incorporar a Carmen Iglesias ao mesmo. 

Desde Espazo Ecosocialista mantivemos nun primeiro momento a opinión de que Carmen Iglesias tiña que incorporarse ao Grupo Parlamentar xa que non aceptabamos unha lóxica de cupos e reparto de cromos.

Non obstante e co fin de facilitar a continuidade de AGE, tanto Espazo coma EU aceptamos a solicitude da dirección de Anova para ratificar os acordos de equilibrio existentes entre Anova, Equo e EU, nos que nos non participamos, e esixir a Carmen Iglesias a renuncia ao escano. Froito desta solicitude e do cumprimento dos acordos EU abriu un expediente disciplinario a Carmen Iglesias.

En todo momento quedou claro que a solución debía ser por unanimidade ou consenso amplo e tomada pola CCC de AGE.

O CCC de AGE (que non se reunía desde maio)  reuniuse tres veces para abordar ese tema sen acordo, polo que a decisión devolveuse ao Grupo Parlamentar para a súa decisión definitiva (reunión que a día de hoxe non se celebrou).

A posición de ESPAZO foi debatida no último Consello Nacional e na Permanente do 30 de novembro de 2013 onde diciamos:

A pesar de non ter sido asinante de acordos públicos e privados entre as outras forzas da coalición, desde Espazo Ecosocialista entendemos que a lealdade e confianza (principios básicos da cooperación) debe ser clave para que o camiño unitario teña percorrido. Nese senso valoramos de xeito positivo que se faga todo o posible, como estivo a facer Esquerda Unida, para que os acordos se cumpran.

Por iso, os representantes de Espazo Ecosocialista na Comisión Coordinadora da Coalición do pasado 23 de outubro de 2013 asinaron, xunto co resto dos membros de AGE, un escrito dirixido a Carmen Iglesias solicitándolle que cedera a súa praza de deputada Iolanda Pérez,  terceira da lista por Ourense e membro de Anova.

A reacción pública de Carmen Iglesias fixo que Esquerda Unida perdera a confianza política na súa persoa o cal por extensión leva a unha perda de confianza no Grupo Parlamentar de AGE para un futuro traballo común. A decisión que AGE tome ao respecto debe ter en conta estes elementos e debe ser decidida na CCC de AGE e por acordo consensuado de tódalas partes sen esperar por isto contraprestacións de parte nin reequilibrios futuros.”

A nova deputada toma posesión o próximo 16 de decembro e desde esa data hai 5 días para decidir incorporala ou non ao grupo parlamentar.

Somos conscientes que máis aló do tema da substitución do escano de Ourense, este é a punta do iceberg dun problema máis grande en AGE que ten que ver coa falla de vontade da súa consolidación por unha parte da coalicióne que se ven amosando na falla de interese en xuntar o CCC, en bloquear a celebración de asembleas unitarias como AGE, impedir aos grupos interactuar xunto coa cidadanía fora do parlamento,….

Hai dúas visións sobre AGE: a que entende AGE  coma un acordo especifico para as autonómicas e mesmo conxuntural e  outros que entendemos que a unidade da esquerda nacional é un proxecto estratéxico de longo percorrido.

En todo caso, as dúas visión son lexitimas e por iso Espazo imos cumprir cos nosos compromisos co Grupo Parlamentar de AGE, tal como o vimos facendo ata agora, participando no mesmo ata que remate a lexislatura.

Pero igualmente queremos deixar claro que temos dereito e imos seguir traballando, tal como o estamos a facer, para seguir a construír un referente plural da esquerda nacional con aquelas forzas que o queiran facer.  

Tamén queremos deixar claro, e asi imosllo facer saber aos outros grupos de AGE, que Espazo non acepta tomas de posición de parte ou unipersoais en contra da opinión, coma neste caso, dos acordos tomados pola CCC de AGE.

Estas formas de facer política de feitos consumados, non son propios da nova política cooperativa nin de respecto entre aliados.

ESPAZO cre que a necesaria recondución do proxecto AGE sobre novas bases so pode darse nunha xuntanza dos máximos responsables das catro forzas que a compoñen.

 

                       En Compostela a 12 de decembro de 2013

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?