ESPAZO Ecosocialista Galego rexeita a remodelación das prazas de Vigo e de Galicia para instalar parques infantís e biosaudábeis

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

653971779 bda4ce8fb0 o

 

Espazo Ecosocialista Galego rexeita a remodelación das prazas de Vigo e de Galicia para instalar parques infantís e circuitos biosaudábeis

Esixe o abandono destes proxectos pola contaminación ambiental e acústica que rodean estes espazos

Estes días, o concello de Santiago de Compostela, da man da concelleira de Sostibilidade, María Pardo, está a presentar nos distintos medios de comunicación as obras de instalación de dous parques infantís: un na Praza de Galicia e outro na de Vigo, este último incluso cun circuito biosaudábel.

No Espazo Ecosocialista Galego non somos capaces de entender como se pode sequera pensar na conveniencia destes parques en dous dos espazos con maior contaminación atmosférica e acústica de toda a cidade.

Entre 2005 e o 2007, a Xunta de Galicia mantivo unha estación de control de calidade do aire na Praza de Vigo. Nese tempo tomáronse rexistros superiores ao valor límite horario de NO2 (dióxido de nitróxeno) para a protección da saúde humana. Os elevados valores de NO2 rexistrados en Compostela 1, mesmo mereceron ter referencia na Extratexia Española de Calidade do Aire do Ministerio de Medio Ambiente. Curiosamente, tras saír estes datos á luz, a Xunta decidiu trasladar a estación ao Campus Sur. Este tipo de actuacións son outro exemplo do que aquí se entende por transparencia e honestidade.

Se hai sete anos as cifras eran preocupantes, e constatando que o nivel de tráfico urbano non só disminuíu, senón que medrou exponencialmente, as cifras de contaminación serán sen dúbida moi superiores na actualidade, inhabilitando eses espazos paraa realización de actividades físicas ao aire libre.

Tamén cómpre sinalar que a Praza de Galicia ten un volume moito maior de tránsito rodado que a Praza de Vigo, co agravante de ser espazo de parada e arranque continuado de autobuses urbanos, polo que os índices de contaminación, tanto atmosférica como acústica, serán incuestionabelmente maiores. Se sumamos a perigosidade do tráfico que rodea permanentemente o espazo que acollería o futuro parque, é evidente que non hai localización menos axeitada para acoller semellantes ocorrencias de que goberna o Concello. Estes proxectos só se poden entender se detrás se atopa o ubicuo poder das contratas con empresas e promotores “amigos” do partido no poder.

Ambas as dúas prazas teñen a menos de 200 metros os dous grandes pulmóns verdes desta cidade como son o Campus Sur e a Alameda, moito máis acaídos para este tipo de actuacións.

Espazo ecosocialista esixe o abandono destes proxecos, reorientando os 300.000 € do custo a actuacións que realmente sirvan para dotar a esta cidade de espazos de lecer saudábeis e xeitados.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Compostela

Equipo Coordinación Comarcal

  • Pepa Faraldo Valles (Coordinadora Comarcal)
  • Aitor Maiora Zaldivar (Coordinador Comarcal)
  • Xan Duro Fernandez
  • Xurxo Bertola Rodriguez
  • Manuel Dios Diz
  • Tino Freire Pallin
  • Carmen Castro Villares
  • Francisco X. Lorenzo Penela

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?