Para Espazo estamos diante dunha nova etapa na construción da esquerda nacional

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

ferrol

O Consello Nacional de Espazo Ecosocialista convoca a súa II Asemblea Nacional co obxectivo de converterse no polo da esquerda galega renovadora dunha esquerda plural.

Espazo Ecosocialista reuniu a súa sesión trimestral do seu Consello Político Nacional. Nela analizouse a situación política, abordouse o debate sobre a fase na que esta a construción da esquerda nacional e convocou a súa II Asemblea Nacional.

 

 Para Espazo Ecosocialista seguimos a vivir unha situación dramática para as persoas que contrastan coa propaganda que desde o Goberno Central e a xunta de Galicia faise sobre a situación económica. Nese senso lamenta que os orzamentos da Xunta de Galicia aprobamos esta semana no parlamento de Galicia aposta pola prioridade no pago da débeda, polos recortes sociais e a falla de propostas inversoras. Tamén o remate do proceso de bancarización e desmantelamento das caixas galegas coa venda de saldo de NGB ao banco venezolano Banesco.

 

O impulso á Campaña da Renda Básica, como ferramenta para un cambio de concepto do traballo e tamén dos dereitos sociais é clave. Espazo valora positivamente a campaña europea a favor da Renda Básica Incondicional, a iniciativa que se porá en marcha a nivel de estado por organizacións sociais e tamén o anuncio da Junta de Andalucía de levar ao parlamento unha iniciativa de renda básica autonómica.

 

Espazo Ecosocialista tamén valorou como positivo o acordo das forzas catalanistas para acordar data e pregunta do ‘dereito a decidir’ do xeito máis inclusivo. Para Espazo este acordo amplo das forzas parlamentarias catalas amosan unha transversalidade nacional, superadora de fronteiras ideolóxicas entre nacionalistas e estatalistas. Ademais para Espazo a situación de Catalunya amosa un impulso cidadá importante e sobre todo confirma un esgotamento do modelo xuridico-político saído da transición e a necesidade da apertura dun novo proceso constituínte para unha nova democracia máis xusta no social, máis sustentable e por necesidade plurinacional.

 

O CPN de ESPAZO analizou a situación de AGE e a o momento no que esta a construción da esquerda nacional plural.

 

Espazo, máis aló das dificultades lóxicas nun proceso tan complexo, entende que AGE esta a ter dificultades de construción coma instrumento político desde a súa constitución como colación electoral e a súa irrupción no parlamento galego.

 

Os últimos acontecementos son a punta do iceberg dun problema máis grande en AGE que ten que ver coa falla de vontade da súa consolidación por unha parte da coalicióne que se ven amosando na falla de interese en xuntar o CCC, en bloquear a celebración de asembleas unitarias como AGE, impedir aos grupos interactuar xunto coa cidadanía fora do parlamento,….

 

Hai dúas visións sobre AGE: a que entende AGE  coma un acordo especifico para as autonómicas e mesmo conxuntural e  outros que entendemos que a unidade da esquerda nacional é un proxecto estratéxico de longo percorrido.

En todo caso, as dúas visión son lexitimas e por iso Espazo imos cumprir cos nosos compromisos co Grupo Parlamentar de AGE, tal como o vimos facendo ata agora, participando no mesmo ata que remate a lexislatura.

Pero igualmente queremos deixar claro que temos dereito e imos seguir traballando, tal como o estamos a facer, para seguir a construír un referente plural da esquerda nacional con aquelas forzas que o queiran facer.  

 

Nese senso o CPN ratifica o acordo acadado con Esquerda Unida o 10 de outubro no que se apostaba por unha “coordinación de proxectos de ruptura a nivel de Europa e cunha alianza a nivel de Estado que permitan abordar un proceso de superación democrática do esgotado modelo saído da transición.”

 

Ampla unidade na que debe “participar un suxeito nacional galego, xa que a nova democracia debe ter un caracter plurinacional claro, coordinado cun proxecto de forzas de esquerda transformadora doutros territorios e mesmo do estado, tendo en conta a circunscrición única e a situación de crise sistémica e de novo proceso (s) constituínte (s).”

 

E ademais reafirmámonos tamén en “que ademais de alianzas electorais a esquerda debe avanzar en formular de cooperación estratéxica sobre un caracter democrático e nacional. Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista Galego comprométense, nesa liña.”

 

O CPN de Espazo Ecosocialista acorda desenvolver ese acordo con ESQUERDA UNIDA consciente da urxencia de definir programas e candidaturas para as próximas eleccións europeas, entendendo ademais que estamos xa nunha nova etapa na construción da esquerda nacional galega e plural.

Por último, e atendendo tamén a esta nova etapa que se abre, Espazo Ecosocialista aprobou a documentación e o calendario para a súa II Asemblea Nacional co carácter máis aberto posible, sendo responsables de que a esquerda cooperativa nacional necesita dun polo forte de esquerda galega renovadora.

En Compostela, 21 de decembro de 2013

Ver pdfII asemblea nacional ESPAZO. Carta de normas e calendario

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?