Espazo Ecosocialista demanda do Concello de Pontevedra información sobre as condicións asistencias e laborais de CLECE

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

recortes non

 

Esixe a municipalización ou o impulso ao sector social do servizo de atención a domicilio

 

A crise social inducida polos recortes fai que as empresas “multiservicios” ligadas como empresas matriz ao sector do ladrillo, saquen importantes beneficios coa malferida dependencia. Unha desta empresas é CLECE S.A. que segundo recolle o informe de xestión auditado por Deloitte sobre o exercicio de 2012 alcanzou nese ano un volume de negocio próximo aos 980 millóns de euros, con un beneficio neto de 36 millóns.

 

A empresa Clece é a que ten en concesión o servizo de atención a domicilio dependente do Concello de Pontevedra.

Desde a asemblea local de Espazo Ecosocialista existe unha profunda preocupación coas informacións que se desprenden da información “Florentino Pérez se lucra con los recortes en dependencia” publicado na revista La Marea (http://www.lamarea.com/2014/01/08/florentino-perez-se-lucra/). Descríbense alí as deficiencias e mala praxes no servizo de axuda a domicilio (SAD) que o Concello de Cerdanyola del Vallès adxudicou a CLECE empresa participada pola matriz construtora de Florentino Pérez, ACS. Tamén en Mota del Cuervo detectáronse anomalías e fallas na prestación do servizo de CLECE no eido do servizo integral da residencia “Los molinos”. Falla de medios técnicos, axudas técnicas como as grúas para move-los pacientes da cama a cadeira de rodas, escaseza destas mesmas cadeiras de rodas. Escaseza de cueiros para os adultos.

E o que non é menos importante: contratos inxustos onde a empresa pode enviar a calquera a calquera hora do día a cubrir calquera servizo, sexa ou non da súa especialidade.

Dende Espazo Ecosocialista demandamos que o Concello de Pontevedra por medio da Concelleira de Servizos Sociais despexara todas as dúbidas que estas informacións crean sobre a calidade do servizo de CLECE pois tratase dun tema delicado e no que non debe existir ningunha dúbida ao respecto. Tamén debería informar á opinión pública a propósito da situación das condicións laborais das traballadoras.

Espazo Ecosocialista insiste unha vez máis en que estes servizos deben ser xestionados desde a administración pública ou senón desde iniciativas de Economía Social. Desde hai anos lévanse formando a promocións de mulleres nos cursos de Auxiliar de Axuda a Domicilio. Non sería tempo de formar unha cooperativa e que os cartos do servizo non marcharan para a sede dunha empresa radicada en Madrid?

 

A dinamización económica empeza por dar traballo a empresas radicadas na cidade.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Pontevedra

Equipo Coordinación Comarcal:

  • Ana Isabel González Varela  (Coordinadora Comarcal)
  • Jose Antonio Ramírez Amor  (Coordinador Comarcal)
  • Silvia Rodriguez Fontan
  • Sara Ramirez Abal
  • Adele Cardarelli
  • Xoán Hermida González

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?