Espazo Ecosocialista será o primeiro partido galego cunha coordinación paritaria

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

20140203 122408 resized

O candidato á Coordinador Nacional, Xoán Hermida, e a candidata á Coordinadora Nacional, Modesta Regueira, presentaron hoxe en rolda de prensa os eixes da súa liña política en Rolda de Prensa.

Espazo Ecosocialista, formación ecosocialista integrada en AGE, esta en pleno proceso asembleario ( celebrará a súa II Asemblea Nacional o 22 de febreiro en Santiago de Compostela dous anos despois do seu nacemento).

Esta forza conformada fundamentalmente por persoas procedentes dos movementos sociais e da esquerda renovadora esta acentuando o seu papel propositivo e de alternativa construtiva á vez que medra e consolida a súa estrutura territorial e o seu crecemento.

O pasado venres rematou o prazo de presentacións de candidaturas para o Consello Aberto Nacional e para a Coordinación Nacional. Tanto o Consello Aberto Nacional (CEN), máximo órgano político entre asembleas como a Coordinación Nacional serán paritarias. Ao posto da Coordinación paritaria so presentaronse Xoán Hermida e Modesta Regueira. Espazo será o primeiro partido galego que terá un liderado compartido.

O Coordinador actual de Espazo Ecosocialista, Xoán Hermida, recordou os tres obxectivos polos que nacera esta formación política hai dous anos: crear unha forza da esquerda renovadora que incorporará na política galega as novas axendas presentes en Europa e no mundo como a radicalidade democrática, a sustentabilidade ou as políticas de ben común; abordar novas formas de facer política e unha nova relación coa cidadanía libre de tutelas e controis; e crear unha cultura de cooperación da esquerda que permitira reconstruír a esquerda nacional desde a súa pluralidade.

 

Consideran que a evolución de Espazo Ecosocialista nestes dous anos ten amosado que é posible construír unha forza así en Galicia. O crecemento en membros, pasando de algo máis de corenta persoas a case 300 membros; a extensión territorial -hoxe Espazo esta presente en nove comarcas- ; e a incorporación de sectores dos movementos sociais e doutras forzas de esquerda; amosan a necesidade que para unha parte da poboación máis implicada fai falla dunha forza amable, cooperativa e propositiva.

Para o Coordinador Nacional de Espazo esta forza pretende ser un partido á carta. “A diferenza de outros onde o importante é pagar a cota e comulgar coa doutrina oficial, en Espazo queremos xente activa socialmente e con capacidade de analise crítico”, afirmou.

Segundo Xoán Hermida vivimos tempos dificís onde as persoas están a sofrer que requiren de posicionamentos claros e actitudes unitarias. “estamos nunha crise sistémica que no caso español agravase cun esgotamento do modelo saído da transición e onde as elites do mesmo compórtanse como se fora un réxime en decadencia, expoñente diso son a falla de iniciativa política no caso catalá ou a corrupción xeneralizada das propias elites.” O caso da operación Pokemon é, segundo Xoán hermida, un escándalo sen precedentes e apunta non a casos de corrupción individual senón a un entramado sistémico de corrupción xeneralizado. Para o dirixente ecosocialista a única saída é a dimisión de tódolos responsables e que se depuren responsabilidades políticas e xudiciais; non obstante advertiu que “non vai ser a xuíza Pilar de Lara quen renove a política senón que ten que ser desde os partidos políticos onde se faga isto senón acabara aparecendo o populismo e o Beslusconi de turno”.

Para Espazo é necesario construír unha alternativa crible desde a esquerda porque no caso de non ser así outros o farán. Para Espazo esa alternativa pasa por AGE pero por unha nova AGE.

Para o dirixente de Espazo AGE acadou o gran resultado nas pasadas eleccións por tres motivos: presentar unha oferta unitaria, ofrecer un programa real de cambio, e sinalar a necesidade de explicitar novas formas de facer política diferente aos partidos tradicionais. Lamentablemente este terceiro aspecto aínda non é real, e por iso para Espazo, AGE debe converterse nun instrumento estratéxico, de longa duración, e cidadá, de participación real das persoas que confiaron nela.

Asistimos a un ciclo de cambio, que se iniciou nas municipais de hai tres anos (15M) e nese ciclo que apunta a un novo proceso constituínte é onde deben enmarcarse as eleccións europeas e municipais.

Para Xoán Hermida as forzas de esquerda deben abordar estas eleccións de xeito unitario para rachar co bipartidismo e abrir o proceso cara a unha nova democracia.

Espazo aborda as eleccións europeas con 4 obxectivos:

- comparecer cun instrumento político galego, desexablemente AGE ou outra formulación na que polo de pronto xa están implicados Esquerda Unida e o propio Espazo Ecosocialista, co fin de que exista unha representación galega de esquerdas en Bruxelas que defenda os intereses da cidadanía galega;

- comparecer cunha alianza estatal con IU e outras forzas de esquerda para crear un bloque que agrupe as forzas da esquerda verde e alternativa e que rache a gran coalición existente hoxe entre socialdemócratas e populares;

- recuperar as institucións europeas secuestradas hoxe polos tecnócratas e pola troica;

- abrir un novo proceso constituinte que supere o modelo neoliberal afirmado no tratado de Lisboa.

Pola súa parte ás eleccións municipais tamén se deben abordar nesa clave e debido a fragmentación existente debe dar un impulso desde o eido da esquerda política e social e nivel de cada concello.

Tamén compareceu na rolda de prensa a candidata a Coordinadora Nacional, Modesta Regueira, que sinalou a necesidade da implicación social no cambio e considerou “central a reactivación da Alianza Social Galega que convoca mobilizacións para o 27 de febreiro ou a Marcha pola Dignidade do próximo 26 de marzo convocada polas diferentes mareas de defensa dos sectores públicos”

A candidata a Coordinadora Nacional sinalou que “cando existe unidade social e política e firmeza nas loitas se acadan logros coma é o caso recente da sanidade pública en Madrid ou os casos en Galicia da paralización da mina de Corcoesco ou o trunfo dos veciños de Cabral en Vigo que paralizaron o proxecto do megacentro comercial en Liñeiriños”.

Modesta Regueira apuntou tamén que “as novas axendas deben avanzar máis aló das alianzas conxunturais cara a formulas de cooperación estratéxica”

Tamén sinalou que todo isto: “unidade, novas axendas, cooperación política, terán sentido se somos capaces de crear un novo relato alternativo e unha oferta programática crible.”

Segundo a dirixente ecosocialista “precisamos construír novas relacións entre a esquerda partidaria e a esquerda social, baseada na confianza mutua e no respecto a independencia das partes”

Modesta Regueira concluíu facendo un chamamento aos activistas sociais a incorporarse á política.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?