Presentouse a II Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

presentacion II asembleaOs Vicecoordinadores e actuais coportavoces de Espazo Ecosocialista, Chus Boo eManuel Dios, presentaron hoxe en Rolda de Prensa a axenda e os obxectivos da II Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista.

Espazo Ecosocialista, formación ecosocialista integrada en AGE, celebrará a súa II Asemblea Nacional o 22 de febreiro en Ames dous anos despois do seu nacemento.

Esta forza conformada fundamentalmente por persoas procedentes dos movementos sociais e da esquerda renovadora esta acentuando o seu papel propositivo e de alternativa construtiva á vez que medra e consolida a súa estrutura territorial e o seu crecemento.

Ademais, esta II Asemblea Nacional celebrase no contexto do proceso de recomposición da esquerda nacional e marcado por un calendario onde as próximas citas electorais . europeas e municipais – terán un carácter extraordinario ao darse no cambio de ciclo político marcado polo esgotamento do modelo xurdido da transición e coa posibilidade de abrir un período constituínte cara a unha democracia máis avanzada.

Axenda da II Asemblea

No plenario da mesma que se celebrará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns(Concello de Ames) se prevé que asistan un centenar de membros de Espazo dos preto de 300 que ten na actualidade.

A Asemblea Nacional que se celebrará en xornadas de maña e tarde iniciará os seus debates co Informe Político e de Balance de Xestión do realizado nos últimos dous anos (a I Asemblea celebrouse en maio de 2012) e unha serie de propostas a propósito da reconstrución da esquerda nacional e o proceso das eleccións europeas.

Sendas resolucións sitúan nos procesos de converxencia e renovación de esquerda os elementos claves para abordar con éxito o ciclo europeas e municipais.

Na sesión da tarde a Asemblea Nacional abordará os debates tanto no que se refire aos debates do documento político e estatutario que abordan os elementos da proposta de radicalidade democrática e novo proceso constituínte, a cuestión relacionada cos procesos de converxencia na esquerda e as novas axendas sociais; e a construción dun espazo ecosocialista renovador galego.

Durante o proceso pre-asembleario presentáronse 56 emendas e achegas nas diversas asembleas comarcais que indican unha moi boa sintonía no interior do partido.

Por último a Asemblea Nacional votará as propostas presentadas tanto para Coordinador e Coordinadora Nacional, como para o Consello Aberto Nacional e a Comisión de Ética e Dereitos. Ademais da co-Coordinadora Nacional composta por un home e unha muller, o Consello Aberto Nacional tamén será un órgano paritario e para el presentáronse 36 persoas candidatas (novos membros en algo máis do 50%).

Convidados de Galicia e europeos

A II Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista tamén asistiran convidados as distintas forzas da esquerda galega e europea coas que Espazo Ecosocialista mantén relacións políticas. Espazo Ecosocialista xa aprobou no seu día concorrer ás próximas eleccións europeas cun programa por unha Europa social fronte ao modelo neoliberal de recortes e da soberanía cidadá en contra do secuestro autocrático por parte da Troika, no marco dun suxeito galego nacional, continuador de AGE, e aliado nun fronte amplo de carácter estatal e nunha alianza das forzas políticas da esquerda verde e unitaria do sur de Europa.

Por iso a presenza xa confirmada de Marcelo Belotti, responsable para España de Sinistra Ecologia e Liberta (Italia); de Stavros Karagkounis, do departamento de Internacional de Syriza (Grecia); ou de Laia Ortiz, portavoz no Congreso dos Deputados de IVC (Catalunya). Ademais tamén contase coa presenza representantes da Chunta Aragonesista e de Iniciativa Vers de Baleares.

Entre os representantes de fora de Galicia cabe destacar a presenza do Coordinador Nacional de ICV, Joan Herrera, que estará o día anterior para manter unha xornada de traballo e coordinación política entre ICV e Espazo Ecosocialista e que impartirá unha conferencia o venres 21 ás 18,00 horas na Biblioteca Pública Anxel Casalque leva por titulo “canto sofremento pode soportar a democracia?”.

Á II Asemblea Nacional de Espazo Ecosocialista están convidados tódolos grupos que conforman AGE, estando confirmada a presenza de Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU e Viceportavoz Parlamentaria de AGE.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?