Unidade e mobilización para defender os nosos dereitos

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

ASGEspazo Ecosocialista anima a participar masivamente nas mobilizacións convocadas pola Alianza Social Galega

Para a organización ecosocialista “ retomar a actividade da Alianza Social Galega é un acerto, e ten que manterse a súa mobilización e mesmo ten que seguir a medrar ata artellarse en toda Galicia sumando tódalas organizacións e movemento sociais do país”.

Para Espazo a situación social que Galicia está a padecer esixe de tódolos os esforzos posibles para situar na rúa a denuncia e a alternativa de cambio. As políticas de recorte non resolven á crise e só serven para manter os privilexios das grandes fortunas e dos especuladores, que son o goberno real da situación, en Galicia, no estado e en Europa.

 Espazo está convencido de que ás manifestacións do vindeiro 27 de febreiro van ser masivas, e van ter continuación durante todo o ano. “ O goberno da Xunta de Galicia terá que tomar nota e mudar radicalmente de políticas. Na rúa vai ter as receitas para a súa acción política contra a crise,e se non está disposto a rematar cos recortes, mellor vai ser que comece a preparar a convocatoria de eleccións”.

 

 

 

Espazo tamén apoia as manifestacións que hoxe se celebran en apoio as Marchas da Dignidade do 22 de marzo.

 

 

 

Desde Espazo Ecosocialista consideramos necesaria a converxencia das mobilizacións para que a resposta adquira toda a forza necesaria para conseguir un xiro nas políticas de recortes sociais e democráticos.

 

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?