Espazo Ecosocialista cre necesario restablecer a democracia e asegurar a soberanía en Ucraína

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter
  • b42b7- 40568031 ucrania mapa- O goberno de Vítor Yanukóvich non era precisamente un modelo de democracia e de respecto polos dereitos humanos. A isto cabe engadir a corrupción xeralizada do réxime e o feito de non consultar ao pobo sobre un tema tan central como bascular cara Europa Occidental ou cara Rusia, nun país plurinacional cunha división nacional clara, e onde os intereses económicos, políticos, xeoestratéxicos, estaban e están moi presentes por parte da Unión Europea e de Rusia.
  • - O derrocamento violento de Yanukovich no Maidan contou co apoio da UE e dos EE.UU, cegos e cómplices coas milicias armadas de carácter neonazi que impuxeron os seus criterios con crueldade, mesmo ministros no novo goberno. Non foron moi respectuosos coa legalidade internacional e coa defensa dos dereitos humanos ou cos valores cívicos e democráticos. Non sorprende, polo tanto, que a UE e os EE.UU esquezan estes pequenos detalles ou que Rusia non acepte o golpe de estado como forma de cambiar un goberno. Ambos comportamentos políticos non son admisíbeis en democracia, cos defectos que esta teña.

 

  • - Desde logo que a ocupación armada de territorios de Ucraína, particularmente, da Península de Crimea (unha República Autónoma), vulnerando a súa soberanía, con tropas non identificadas, aínda que con claro apoio loxístico, militar e político de Rusia, tampouco pode ser aceptada como un comportamento lexítimo e acorde coa legalidade e o dereito internacional.
  • - A actuación da UE, especialmente a de Alemaña, foi temeraria, tanto nos movementos previos, alimentando a tensión, animando a confrontación contra o goberno lexítimo de Yanukovich, pechando saídas pacíficas e negociadas entre o goberno e a oposición, apoiándose en milicias armadas de signo neonazi, perfectamente recoñecíbeis no Maidan, como nos mellores tempos da Guerra Fría, ás portas de Rusia, e logo, coa marcha dos acontecementos, facendo seguidismo dos EE.UU no seu interese por debilitar o máis posíbel a influencia rusa, mesmo a costa de atentar contra da propia dependencia enerxética europea do gas ruso.
  • - O derrocamento violento de Yanukóvich vulnerou a legalidade e o dereito internacional. Como a ocupación militar rusa. Ou a decisión unilateral do Parlamento de Crimea de promover un Referendo de integración en Rusia volvendo á situación previa a 1954.
  • - Os feitos consumados, a escalada de declaracións e de xestos, por tódalas partes, a toma de posicións militares no terreo, as ameazas, directas ou veladas, as sancións unilaterais contra algún dos actores, atentan seriamente a paz en Europa, como tantas outras veces, e as fichas do dominó permanecen fraxilmente ergueitas, balanceándose, a punto de desencadear un proceso imparábel.
  • - Son necesarios os chamamentos ao diálogo, á mediación internacional, á procura de solucións xustas e duradeiras, rebaixando, por todas as partes, a tensión bélica, política, económica e xestual, restablecer a democracia e asegurando a soberanía de Ucraína

 

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?