As novas realidades esixen unha mudanza radical na xestión dos recursos hídricos

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

liberalizzazione-privatizzazione-acquaNo Día Mundial da Auga, Espazo Ecosocialista esixe mudar completamente de paradigma no consumo e xestión dos recursos hídricos. É imprescindíbel diminuír drasticamente o consumo e garantir a máxima depuración que permita recuperar e mellorar a ecolóxica das augas litorais e continentais.

Galicia ten unha xestión moi deficitaria das súas augas, con grandes carencias en depuración, cun urbanismo difuso que agrava exponencialmente o problema e obriga a estender a rede de sumidoiros e a capacidade de bombeo. No caso de contar con Estacións de Depuración de Augas Residuais (EDAR), estas vense amplamente sobordadas e incapaces de tratar grande parte da auga residual que reciben. A cada vez máis evidente incidencia do cambio climático vai supoñer períodos máis longos de secas xunto con outros de concentración de precipitacións e obrigando a adaptarnos a esta nova realidade hídrica.

Así mesmo, cumpre ollar a auga como un ben público, colectivo e por tanto non privatizable. As privatizacións dos servizos municipais de augas realizadas nestas últimas décadas deben se frear e recuperar as concesión para a xestión pública, que ademais de garantir esa cualidade de ben público colectivo, resulta máis económica e eficiente, como indicou o pasado ano o Tribunal de Contas no seu informe fiscalizador dos Concellos.

Mais esta recuperación da xestión tamén incidirá claramente na diminución da corrupción ao furtar das mans privadas a posibilidade de acceder a este tipo de contratos, vantaxe non menor dada a situación á que asistimos nos distintos concellos, con as distintas operacións anticorrupción que salpican as portadas dos medios tódolos días.

Entre outras medidas, Espazo Ecosocialista demanda medidas que fomenten un consumo racional de auga, establecendo iniciativas fiscais e de tarificación que incentiven o aforro e penalicen o malgasto; establecer procesos de depuración baseados en sistemas descentralizados e de autoxestión de augas no canto de macrodepuradoras, liderar as medidas de aforro aplicándoas inmediatamente en edificios e actividades municipais e apostar decididamente por programas de educación e sensibilización da cidadanía e das industrias. En definitiva, e parafraseando esta nova Cultura da Auga: xestionar a auga como un recurso e conservala como un patrimonio, e xestionala con políticas de control da demanda e non de aumento de oferta.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?