Espazo Ecosocialista participa na elaboración do programa electoral de AGE para ás eleccións europeas

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

propostas programaXunto con Esquerda Unida e Anova se está a elaborar un documento programático, tomando como referencia as respectivas propostas de cada organización, para despois abrilo ás aportacións da cidadanía que queira colaborar no proceso.
O documento de que leva Espazo á xuntanza que se celebra este xoves 27 de marzo salienta a necesidade dunha alternativa da esquerda e o recoñecemento de Galicia como nación europea, a partires da reivindicación dunha Europa máis social e política, máis democrática e sostible, máis xusta e laica, máis diversa e intercultural. Para o Espazo a cidadanía ten que ser a auténtica protagonista desa outra Europa, e non a Troika nin os poderes especuladores, recuperando e reforzando os valores da xustiza, da paz da memoria democrática cos que construíu o europeísmo despois da II Guerra Mundial. En definitiva, outra Europa onde os seus pobos conten.


Para o Espazo é moi importante que o programa electoral que AGE presente á cidadanía sexa unha auténtica folla de ruta, tanto na súa elaboración como no seu desenvolvemento, de alternativa política. Estas eleccións europeas ten que servir para consolidar da identidade da cidadanía crítica galega con AGE, para o que debe explorar auténticas vías de cooperación política entre as súas organizacións, e sobre todo, coa cidadanía, que sen adscrición partidaria, quere participar da acción política de AGE.
Aquí podes ver as pdfPropostas programáticas europeas EEG

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?