O desleixo da Xunta e do Concello de Vigo arrasou o Lagares

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

lagaresO pasado día 22 Espazo Ecosocialista Galego, por mor do Día Internacional da Auga facía pública unha nota na que reclamaba unha mudanza radical na xestión dos recursos hídricos.

Lamentabelmente, poucas horas despois consumouse no río Barxa un verquido, posibelmente de orixe química que arrasou co 100% da fauna no río Lagares, sen avaliar aínda os danos na flora e as súas posíbeis repercusións no entorno incluíndo a propia Ría de Vigo.

Un caso máis, non por iso menos grave, que demostra a criminal irresponsabilidade das persoas e/ou empresas responsábeis do verquido e o desleixo das distintas administracións corresponsábeis da xestión dos nosos ríos, tanto na prevención como na persecución deste tipo de delitos, frecuentes nas nosas augas continentais.

Porque non abonda con inaugurar parques industriais e instalacións de depuración. Estas deben contar co debido mantemento. A depuración de augas residuais e industriais esixe o mantemento da instalación e a renovación dos filtros, investimentos que moitas empresas non fan polo que, aínda que na teoría cumpren os requisitos legais, a realidade é que contan con instalacións de depuración inútiles. As administracións deberían manter un estrito protocolo de seguimento deste tipo de instalacións o que é evidente que non fan.

Entanto, os gobernos da Xunta e do Concello de Vigo amósanse preocupados pola mercantilización, deste volta dos recursos naturais. Amosando, unha vez máis, a súa manifesta incapacidade e incompetencia para garantir o mantemento dun medio ambiente axeitado. Preocupados unicamente no desenvolvemento de políticas coercitivas e sancionadoras, en lugar do deseño de planos de sustentabilidade ambiental. A actividade sancionadora debe ser o último paso nun plano que ten que incluír a educación e a concienciación medioambiental, a prevención, a vixilancia, a minimización de efectos non desexados, como os que novamente sufrimos. No fin, outra política radicalmente distinta.

Debemos considerar a auga como un recurso escaso e xestionalo como un patrimonio común, mudando radicalmente o paradigma ao que estamos tristemente acostumados.

Pouco futuro ambiental pode ter un país que desbalde milleiros de millóns de euros en AVEs, portos exteriores inútiles e megalomanías como a Cidade da Cultura no canto de investir en necesidades básicas como a depuración de augas e o control, vixianza e mellora da calidade das nosas augas continentais.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Vigo

Equipo Coordinación Comarcal

Belen Marquez Rodriguez (Coordinadora Comarcal)

Manuel Hermo Verisimo (Coordinador Comarcal)

Charo Romero Baamonde (Vicecoordinadora area igualdade)

Manuel Xosé Lorenzo Penela (Vicecoordinador area municipal)

Julio Fernandez González (Vicecoordinador area movementos sociais)

Fran Sobral Crespo (Vicecoordinador Redondela)

Oscar Cordero Santamaria

Conchi Riobó García

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?