No día Internacional do pobo xitano xustiza e non discriminación

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

dia xitanoAntes de que existiran outras minorías nacionais no noso país a comunidade xitana levaba centos de anos sendo discriminada política, económica e socialmente.

Ademais da discriminación da súa cultura e lingua, a comunidade xitana ten sido obxecto de discriminacións, marxinacións, persecución e exterminio.

Na actualidade so un 30% dos seus membros conseguen traballo, so un 15% dos mozos e mozas xitanas rematan o ensino secundario, conseguir unha vivenda é unha tarefa case imposible e sigue aplicándose políticas de 'guetificación' como no caso do Vao en Pontevedra.

Neste proceso de marxinalidade un sector dobremente afectado son as mulleres xitanas que ven como retroceden nas súas pequenas conquistas de emancipación.

A crise está ademais a servir de escusa para poñer en marcha políticas de criminalización e fomento do racismo por parte das autoridades e posterior recorte de dereitos e mesmo expulsións masivas.

Este 8 de abril celebrase ás portas das eleccións europeas e Espazo Ecosocialista fai súas as cinco propostas que solicita a Fundación Secretariado Xitano do Parlamento Europeo e das súas representantes:

  1. Compromiso a facer un seguimento efectivo do cumprimento da Directiva de igualdade de trato (2000/43), da Directiva de protección de vítimas de delitos violentos (2012/29) e da Decisión Marco relativa á loita contra o racismo e á xenofobia (2008/913) e se comprometa a esixir aos estados membros reforzar os organismos de igualdade de trato e garantir a súa independencia
  2. Asuma como prioridade e lidere o obxectivo de reducir a fenda da desigualdade. Esperamos que o novo Parlamento impulse políticas específicas que promovan o acceso ao mercado laboral dos grupos máis desfavorecidos; que garanta a finalización do período obrigatorio de educación para o conxunto do alumnado xitano; que combata a segregación espacial e residencial e que garanta que os xitanos e xitanas accedan en igualdade aos seus sistemas nacionais de saúde
  3. Que garanta que os Fondos Estruturais e de Inversión se aplicarán de xeito efectivo no cumprimento dos obxectivos das Estratexias Estatais de Inclusión da Poboación Xitana, contribuíndo así ao cumprimento dos obxectivos da Estratexia Europa 2020
  4. Que dea continuidade efectiva ao Marco Europeo de Estratexias Nacionais de Inclusión de la Poboación Xitana e que tome unha posición máis crítica fronte á falla de resultados das Estratexias Estatais utilizándoos mecanismos establecidos para iso, é dicir, na aprobación do informe anual que a Comisión ten que elaborar sobre o progreso das Estratexias.
  5. Que promova con maior contundencia a participación efectiva do conxunto da sociedade civil e os seus representantes, incluída la comunidade xitana, nos procesos de toma de decisións tanto no seno da UE coma nos estados membros, asegurando que é unha participación real e efectiva, non meramente formal. Asemade pedimos a creación de un Grupo de Traballo estábel sobre o progreso das políticas que afectan á minoría xitana no seo da Comisión LIBE do Parlamento (Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior).
Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?