En defensa do Parque de Galeras en Compostela

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

privatizacion galerasAnova-Compostela, Esquerda Unida, Equo e Espazo Ecosocialista, que forman parte do grupo de apoio a Alternativa Galega de Esquerdas en Compostela, manifestan a súa posición contraria ás obras do Parque de Galeras para privatizar este espazo público.

Así mesmo, quere destacar o importante labor da veciñanza da rúa Galeras, nas súas mobilizacións en contra desta privatización en beneficio dos intereses exclusivos dunha empresa privada.

O parque de Galeras é unha das zonas verdes máis grandes preto do centro histórico da cidade e un dos espazos utlilizados por nenos e maiores para o lecer e disfrute do tempo libre. Un lugar querido polas persoas que cada semana veñen mobilizándose na defensa do parque.

O concello de Compostela tenta levar a cabo unha obra na que prima a desinformación, invadindo un espazo público en beneficio dunha empresa privada, ao construír unha rotonda de grandes dimensións xusto na entrada natural do parque, na intersección das rúas Galeras e Domingo García-Sabell, e un acceso ao parking "La Catedral".

O inicio do conflito ten a súa orixe na sinatura dun convenio entre o alcalde Ángel Currás e o propietario do aparcamento, en maio de 2013, de costas á cidadanía. En febreiro de 2014, a veciñanza atópase cun valado que cerca toda a área que queren ceder ao aparcamento para construír o acceso ao parking.

Segundo a versión do concello todos os trámites son os correctos e os pasos seguidos son os legais. Mais dende que apareceu o valado, a contradición e o erro no procedemento son continuos, amosando, como ven sendo habitual nesta corporación, o que para eles representa a cidadanía. A finca ten a cualificación de zona verde, cando o concello ven de defender que é zona libre, e fai unha interpretación particular do que iso significa. A obra privada carece da licenza requirida. A concelleira de urbanismo, María Pardo, para defender a iniciativa, sinala que o aparcamento ten a necesidade de outro acceso en función da súa superficie. A resposta dos veciños é que ante esta situación, o parking leva anos funcionando de xeito irregular.

É a hora da veciñanza. Hai que ter en conta a voz da cidadanía e escoitar as súas propostas, que pasan por oporse a este xeito de facer "cidade", con rotondas invadindo o parque e parques "infantís e biosaudables" nas praza-rotondas con maís contaminación medioambiental e acústica da cidade.

Por iso, o grupo de apoio a AGE de Compostela apoia as mobilizacións que os veciñas e veciñas de Galeras veñen desenvolvendo na defensa do seu espazo.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Compostela

Equipo Coordinación Comarcal

  • Pepa Faraldo Valles (Coordinadora Comarcal)
  • Aitor Maiora Zaldivar (Coordinador Comarcal)
  • Xan Duro Fernandez
  • Xurxo Bertola Rodriguez
  • Manuel Dios Diz
  • Tino Freire Pallin
  • Carmen Castro Villares
  • Francisco X. Lorenzo Penela

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?