En defensa da veciñanza da Portela de Redondela

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

A portelaRodeados por varias liñas de alta tensión de 3ª e 2ª categoría ao que se quere engadir un transformador entre as casas e o parque infantil, con ruídos de empresas limítrofes, transportes de alta capacidade pasando arredor das súas casas en tramos sen sinalizar, abandono do mantemento do parque, escaseza de servizos de limpeza,…

A veciñanza da Portela en Redondela vive condicionada por problemas medio ambientais e de saúde ambiental graves que a Xunta de Galicia e o concello de Redondela deben resolver.

Este luns recibiu a visita dunha delegación de Alternativa Galega de Esquerda encabezada polo deputado autonómico Juan Fajardo, a o que acompañou o Coordinador Nacional de Espazo Ecosocialista, Xoán Hermida.

Fajardo xa visitara, hai preto dun ano, a zona para interesarse polas demandas dos veciños.

Esta nova visita que promoveron os responsables de Espazo Ecosocialista en Redondela, Fran Sobral e Noé Covelo, acompañado por Oscar Benavide de EU, tivo como intención dar conta das xestións realizadas desde o grupo parlamentar de AGE e ver novas iniciativas parlamentarias.

O Grupo Parlamentar de AGE ten formulada una pregunta por escrito a propósito do transformador de alta tensión que por agora esta instalado pero pendente de funcionamento.

Ademais os membros de AGE foron informados da alta taxa de tumores e mortes por cancro nesa zona. De algo máis de 100 veciños xa houbo oito afectados, polo que van a ver a posibilidade de esixir un estudio epidemiolóxico da zona.

 

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Vigo

Equipo Coordinación Comarcal

Belen Marquez Rodriguez (Coordinadora Comarcal)

Manuel Hermo Verisimo (Coordinador Comarcal)

Charo Romero Baamonde (Vicecoordinadora area igualdade)

Manuel Xosé Lorenzo Penela (Vicecoordinador area municipal)

Julio Fernandez González (Vicecoordinador area movementos sociais)

Fran Sobral Crespo (Vicecoordinador Redondela)

Oscar Cordero Santamaria

Conchi Riobó García

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?