Espazo Ecosocialista presentou no Concello de Redondela un dossier sobre os graves problemas do barrio da Portela

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

SAM 0104Tras a xuntanza mantida por responsables de AGE coa veciñanza do barrio da Portela, ao que asistiu o deputado autonómico Juan Fajardo, Espazo Ecosocialista de Redondela vai dar un paso máis na defensa dos intereses da veciñanza desde barrio maltratado pola Xunta de Galicia e esquecido polo goberno municipal.

Os responsable de Espazo Ecosocialista en Redondela que recordar que a veciñanza da Portela vive condicionada por problemas medio ambientais e de saúde ambiental graves que a Xunta de Galicia e o concello de Redondela deben resolver.

Rodeados por varias liñas de alta tensión  de 3ª e 2ª categoría ao que se quere engadir un transformador entre as casas e o parque infantil, con ruídos de empresas limítrofes, transportes de alta capacidade pasando arredor das súas casas en tramos sen sinalizar, abandono do mantemento do parque, escaseza de servizos de  limpeza,…

Os responsables de Espazo Ecosocialista en Redondela, Fran Sobral e Noé Covelo, entregaron hoxe pola maña no rexistro do Concello de Redondela un dossier fotográfico e unhas demandas elaboradas polos veciños da zona para que o goberno municipal as atenda: mellora da limpeza en xeral, coidado do parque infantil, arranxo da fonte pública, instalación de badens e sinalización vertical que mellore a seguridade vial, entre outras.

Xuntanza coa Asemblea de Estudantes

Ademais o pasado sábado 10 os responsable de Espazo Ecosocialista mantiveron unha xuntanza coa Asemblea de Estudantes de Redondela onde  se formularon algunhas necesidades da comunidade educativa para trasladar ás institucións.

Nese senso Espazo Ecosocialista comprometeuse á trasladar , por medio do Grupo Parlamentar de AGE, a solicitude á Consellería de Educación de que no colexio de primaria de Santa Mariña se acondicione un patio cuberto.

Tamén trasladar ao concello de Redondela a solicitude para que se habilite a biblioteca municipal durante os fins de semana nestas épocas de exames.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Vigo

Equipo Coordinación Comarcal

Belen Marquez Rodriguez (Coordinadora Comarcal)

Manuel Hermo Verisimo (Coordinador Comarcal)

Charo Romero Baamonde (Vicecoordinadora area igualdade)

Manuel Xosé Lorenzo Penela (Vicecoordinador area municipal)

Julio Fernandez González (Vicecoordinador area movementos sociais)

Fran Sobral Crespo (Vicecoordinador Redondela)

Oscar Cordero Santamaria

Conchi Riobó García

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?