Espazo Ecosocialista Galego esixe a disolución do concello de Santiago de Compostela e insta á Xunta o nomeamento dunha xestora ata o remate da lexislatura

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

468380376 98a66aec9c oDende que no verán de 2011, 13 votos de diferencia permitiran formar goberno ó Partido Popular na capital de Galicia, o descontrol e a inestabilidade política instaláronse no Pazo de Raxoi.
Dous ex-alcaldes imputados en diferentes casos de corrupción e unha xunta de goberno inhabilitada e dimitida case na súa totalidade, fixeron destes últimos anos que a cidadanía tivera que soportar o bochorno contínuo e o desprezo por parte dos seus representantes públicos.
A realidade municipal de Santiago de Compostela estivo máis preto que nunca da ficción e do engano masivo, soportando escoitas teléfónicas, presións, facturas infladas e unha longa listaxe de mostras dun desgoberno que avergoñaron a toda a cidadanía.


Nos últimos meses, Santiago de Compostela ocupa moito más tempo de información mediática polo seu descontrol que polos avances como cidade. A veciñanza tivo que soportar un goberno paralizado, aletargado e acuciado pola corrupción, que veu para quedarse, e que non é digno de seguir ó mando das accións que o concello debe levar a cabo.
Xa non sirven medidas tramposas e que non solucionan nada. Enviar dende a Xunta ao conselleiro Agustín Hernández a apagar o incendio de Raxoi, encabenzando unha listaxe de xente que non foi elexida nas urnas é unha tomadura de pelo que a cidadanía non pode tolerar.
Por iso, dende Espazo Ecosocialista, esiximos a disolución do concello e instamos á Xunta o nomeamento dunha xestora que sexa quen de rematar o que resta desta caótica lexislatura.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Compostela

Equipo Coordinación Comarcal

  • Pepa Faraldo Valles (Coordinadora Comarcal)
  • Aitor Maiora Zaldivar (Coordinador Comarcal)
  • Xan Duro Fernandez
  • Xurxo Bertola Rodriguez
  • Manuel Dios Diz
  • Tino Freire Pallin
  • Carmen Castro Villares
  • Francisco X. Lorenzo Penela

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?