A cidadanía galega e do estado precisa máis democracia e menos coroacións

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter
  • 14457744154 1c5c10f02a zPara Espazo os actos máis democráticos e constitucionais de hoxe van ser as manifestacións polo dereito a decidir se máis democracia, en forma de república, ou seguir retrocedendo no tempo, con máis monarquía.
  • O xa rei Felipe VI evidencia a súa nula vontade de escoitar á cidadanía, e a súa "cegueira" ante a realidade plurinacional do estado.
  • No día da coroación de Felipe VI, para Espazo Ecosocialista é un despropósito dar continuidade á restauración borbónica ideada por Franco, e se demostra a influencia que aínda ten a ditadura franquista na actualidade. Por moito que se queira "maquillar", o rei Felipe VI non conta co apoio da cidadanía á que di representar, e foi proclamado rei só co apoio das "vellas institucións políticas partidistas", PP e PSOE, que están tan cuestionadas como a monarquía. Por iso, Espazo non vai recoñecer como xefe do estado lexítimo ao novo rei ata que se consulte á cidadanía que forma de xefatura de estado quere. "Só o imperativo legal imposto polos partidos do "réxime" PP-PSOE obrigaranos a facelo, pero non deixaremos de esixir dar a palabra á cidadanía galega para que decida sobre ésto e sobre a súa condición de nación", sinala a formación ecosocialista.
  • "Non tiñamos dúbida, pero o novo rei deixou claro no seu discurso que para el España é un país e unha nación. Tamén o discurso tivo menciones retóricas sobre a difícil situación económica e de crise que se está padecendo", afirman desde Espazo, que tamén "queren informar ao novo rei que Galicia é unha nación que ten que decidir que espazo quere ter, ou non, nese estado, e que na saída social da crise pola que loitamos, só lle pedimos que non moleste, xa que non quere axudar". 
  • Ante o desinterese en escoitar a reclamación de máis democracia por parte das institucións "cómplices" en manter leste "tardo franquismo borbónico" falsamente constitucional, desde Espazo anímase á cidadanía galega a facerse oir esta tarde participando masivamente nas manifestacións convocadas por toda Galicia para defender o dereito a ser consultada.
Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?