Manifesto "Derradeira Chamada": Isto é máis que unha crise económica e de réxime: é unha crise de civilización

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

"Isto é máis que unha crise económica e de réxime: é unha crise de civilización". Así comeza o manifesto presentado hoxe no que 250 activistas políticos e sociais reclaman unha transformación radical de paradigma fronte a profunda crise ecolóxica e social no que ten desenbocado a sociedade productivista e de consumo.

"A sociedade productivista e consumista non pode ser sustentada polo planeta. Necesitamos construír unha nova civilización capaz de asegurar unha vida digna a unha enorme poboación humana (hoxe máis de 7.200 millóns), aínda crecente, que habita un mundo de recursos menguantes. Para iso van ser necesarios cambios radicais nos modos de vida, as formas de produción, o deseño das cidades e a organización territorial: e sobre todo nos valores que guían todo o anterior. Necesitamos unha sociedade que teña como obxectivo recuperar o equilibrio coa biosfera, e utilice a investigación, a tecnoloxía, a cultura, a economía e a política para avanzar cara a ese fin. Necesitaremos para iso toda a imaxinación política, xenerosidade moral e creatividade técnica que logremos despregar."

Persoas de recoñecida traxectoria política e activismo social do noso país como Xoán Ramón Doldán, Xosé Manuel Beiras, Alexandre Carrodeguas, Laura Bugalho, Martiño Noriega, Ana Miranda, Yolanda Díaz,, Eva Solla, Antón Sánchez, Xavier Simón, Xan Duro, César Santiso, Afonso Fernandes, Comba Campoy, Begoña Herce Meléndrez, Manoel Santos, Lidia Senra, Manuel Casal Lodeiro, ech Sende, Enrique Pérez Lijó, María Xesús Boo, Lois Pérez Leira Maria José Castelo, Xavier Vázquez Pumariño e Teresa Moure xúntanse con algunhas das voces máis respectadas do conxunto do estado como Esther Vivas, Arcadi Oliveres, Ada Colau, Alberto Garzón, Florent Marcellesi, Antonio Turiel, Enric Duran, Joan Herrera, Joan Martínez Alier, Joaquín Araujo, José Manuel Naredo, Juantxo López de Uralde,, Marina Albiol, Pablo Iglesias Turrión, Teresa Forcades ou Yayo Herrero apoian o lanzamento deste manifesto que debera servir como punto de partida para a transformación radical da nosa realidade antes de que o esgotamento de recursos e a catastrofe ecolóxica marquen o inevitable colapso civilizatorio.

Como di o remate do manifesto: "Unha civilización se acaba e deberemos de construír outra nova. As consecuencias de non facer nada ou facer demasiado pouco levannos directamente ao colapso social, económico e ecolóxico. Pero si empezamos hoxe, aínda podemos ser as e os protagonistas dunha sociedade solidaria, democrática e en paz co planeta".

O manifesto segue a recoller apoios neste enderezo

 

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?