No día mundial da poboación, Galicia enfronta unha profunda crise de natalidade

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

4359622221 dd9bd5f7f4 zAs cifras son inapelábeis: Galicia terá 147.751 habitantes menos no 2023, case como se desaparecera a comarca de Compostela, e a que quede estará envellecida ate o punto de haber 2 maiores de 65 anos por cada menor de 16. Este descenso será aínda máis acusado nas provincias de Ourense (- 9,4% menos) e Lugo (- 7,7%). Son os datos do Instituto Nacional de Estatística.

A causa esgrimida? A baixa natalidade que significará que nese horizonte do 2023 teñamos 16.000 mortes máis que nacementos, un saldo vexetativo negativo.

Máis desde Espazo entendemos que a baixa natalidade non é unha causa, é un síntoma dunha realidade social moi complexa, na que se mesturan cuestións de xénero, o darwinismo social imposto polo neoliberalismo, a nula iniciativa por parte das administracións (hai meses a conselleira do ramo, Beatriz Mato anunciaba entre outras supostas medidas unha campaña publicitaria de medio millón de euros para “fomentar” a natalidade. Brillante), a ausencia de perspectivas para a meirande parte da poboación xunto coa incerteza de ter o mínimo para poder asumir a responsabilidade materno-paterna con dignidade.

 

Espazo Ecosocialista entende que esta crise demográfica é unha cuestión central no futuro do noso país e como tal debemos enfrontala desde a perspectiva do ben común e polo tanto do ben público. A natalidade non se fomenta con campañas publicitarias nin con “investimentos” de 90 millóns de euros como anunciou a Xunta. Por comparar, é o que custa construír 10 km de AVE ou a quinta parte do que custou a Cidade da Cultura.

O problema hai que enfrontalo con medidas estruturais permanentes que xeren a confianza necesaria na poboación sobre o futuro: a instauración dunha verdadeira rede pública permanente de servizos de apoio ás familias, sexan do tipo que sexan, que inclúan educación, vivenda, asistencia sanitaria, baixas alongadas no tempo e compartidas, aspectos fiscais e laborais, etc.

Mais tamén hai que enfrontalo desde unha perspectiva sociocultural de xénero, de igualdade nos dereitos e nas responsabilidades no ámbito familiar, nos dereitos laborais, na superación definitiva dos roles arcaicos e anquilosados do patriarcado na nosa sociedade.

En Espazo reivindicamos así mesmo a implantación dunha Renda Básica Universal Individual como garante dun nivel de vida adecuado que permita asegurar a alimentación, o vestido e a vivenda dentro dun Estado que se considera democrático, social e de dereito e que serviría para reducir exponencialmente as incertezas que afectan directamente aos dereitos básicos e que, por tanto, inciden directamente na natalidade e na crise poboacional.

Só enfrontando o problema desde esta triple perspectiva, que supón na realidade unha reconfiguración da condición de persoa cidadá poderemos provocar un cambio de ciclo que permita recuperar a natalidade.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?