A Coordinadora Galega pola Paz convoca concentracións unitarias diante dos concellos de Galicia o vindeiro Martes, día 15 de Xullo, ás 20:00 horas.

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

13750914773 38c0b72405 zA Coordinadora Galega pola Paz, unha rede da sociedade civil nacida con motivo da guerra de Irak en 2001, formada por ONGs, fundacións, partidos políticos e sindicatos, de carácter aberto e plural, quere manifestar publicamente o seu rexeitamento máis absoluto das accións xenocidas do goberno sionista de Israel en contra do pobo palestino, particularmente, en contra da poboación civil da franxa de Gaza.

Estamos diante da enésima violación da legalidade internacional e dos dereitos humanos máis elementais por parte do goberno israelí, nesta ocasión, contra dun territorio ilegalmente aillado e bloqueado no que viven millóns de persoas, un auténtico campo de concentración sometido periodicamente a accións militares unilaterais e desproporcionadas por parte dun Estado terrorista que provoca numerosas víctimas inocentes, especialmente, mulleres, anciáns e nenos.

 

Ademais dos ataques con tódolos medios dunha poderosísima maquinaria de morte, misís, avións, drons, asasinatos selectivos… ábrese agora a posibilidade dunha nova intervención militar terrestre israelí saltándose, de novo, as resolucións das Nacións Unidas e o dereito humanitario o que amenaza con xeralizar a violencia, unha vez máis, en toda a rexión.

 

Para a Coordinadora Galega pola Paz resulta imprescindible a presión da sociedade civil e da cidadanía, diante das súas propias institucións e das do goberno israelí co obxecto de impedir esta nova matanza, por iso facemos un chamamento á solidariedade para co pobo palestino, e de apoio ás súas xustas demandas de autodeterminación e creación dun Estado propio. Demandaremos declaracións de solidariedade e condena por parte do Parlamento Galego, do Estado e de Europa, así como dos Concellos, para remitir ó goberno israelí, á embaixada e os consulados de Israel en España.

 

Convocaremos e apoiaremos cantas accións pacíficas e democráticas se realicen para rematar con esta escalada militar, para acadar un alto o fogo e o estricto cumprimento da legalidade internacional, as resolucións de Nacións Unidas e os dereitos humanos, así como unha solución negociada ó conflicto.

 

Facemos un chamamento á comunidade internacional para que non permañeza por máis tempo calada, especialmente á UE, e para que propicie a mediación e o diálogo entre as partes por medio de sancións económicas e políticas contra do goberno israelí.

 

Finalmente, a Coordinadora Galega pola Paz convoca concentracións unitarias diante dos concellos de Galicia o vindeiro Martes, día 15 de Xullo, ás 20:00 horas.

 

Coordinadora Galega pola Paz

Adega, Altermundo, Amarante, Anova, Asociación Chambo, Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación de Mulleres Recandea, CC.OO de Galicia, Colectivo Encontro Benestar, Compromiso por Galicia, Comunidade Palestina Galaico Arabe-Jenín, Coordinadora de Crentes Galegos, Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento, Equo, Espazo Ecosocialista Galego, EU-IU, Federación Ecoloxista Galega, Fete- Ugt, Foro Galego da Inmigración, Fundación Araguaney, Fundación 10 de Marzo, Fundación para a Igualdade María Xosé Arcos, Fundación Internacional Baltasar Garzón, Fundación Luís Tilve, Grupo de Obxección Fiscal Galega, INTERED- Galicia, INTERMON-OXFAM, Mocidade Nacionalista Galega, Movemento Rural Cristián, Mulleres Cristiás Galegas, Pola Esquerda, PSOE, Seminario Galego de Educación para a Paz, STEG, SLG-CC.LL, Sociedade Asociación de Amizade Galego Bolivariana Hugo Chávez, Solidariedade Internacional, UGT, Unión de Estudiantes Árabes, UU.AA., Voluntariado Social ROGAS, Verdegaia, Xuventudes Comunistas de Galicia, Xuventudes Socialistas de Galicia.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?