Novas axendas para o 25 de Xullo: A construción da nación comeza na defensa do Ben Común natural

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

cartaz-25X14-listoO 25 de xullo, non so é o ‘Día Nacional de Galicia’ ou o ‘Día da Patria Galega’, é tamén unha data clave para fixar por parte das forzas políticas as axendas do curso próximo.

Asistimos a un novo período político, tralo 15M, que nos fala dunha maior participación cidadá, dun novo xeito de entender a política ligada ás demandas reais da xente, ao Ben Común.

Os resultados das pasadas eleccións europeas amosan que ese novo período político ten moito que ver co esgotamento dun modelo político onde a democracia era entendida como un instrumento a unha nova etapa onde a democracia empeza a ser entendida como unha expresión cívica e cultural.

O curso 2014-2015 vai a estar ligado ás eleccións municipais e nesas a esquerda debería situar un novo relato de cambio democrático ligado a novas axendas.

Espazo Ecosocialista como forza galeguista e do soberanismo cívico non pode ser alleo á celebración da mesma.

Durante moitos anos a esquerda galega ten situado o 25 de xullo arredor de elementos identitarios illados das axendas sociais, ambientais ou democráticas concretas.

Para algúns o dereito a decidir se ten convertido nun totum factótum alleo ás demandas cidadás en lugar de ser a expresión da máxima radicalidade democrática.

Necesitamos ligar a soberanía  ás demandas cívicas é así poder referenciar o soberanismo cívico como un elemento clave para o cambio.

Un deses elementos centrais, un desas axendas do cambio, é o ecoloxismo e a defensa do medio natural.

Nos últimos tempos unha nova ameaza cérnese sobre a nosa terra, a megaminería. Tratase dun novo modelo especulativo sobre o noso territorio co fin da procura de beneficio rápido a costa de deixar arrasado o noso ben común natural.

O último deses proxectos de megaminería postos ao descuberto seria o de Erimsa en Oroso. Un proxecto no corazón de Galicia que provocaría un desastre medioambiental sobre a zona de Oroso-Compostela afectando ao val do río Tambre declarado ZEC-Rede Natura polo seu alto valor paisaxístico e ambiental.

Por isto, Espazo Ecosocialista celebrará este 25 de xullo cun acto político na Illa do Refuxio do Tambre (Sigueiro-Oroso) baixo o lema: “A construción da nación comeza na defensa do BenComún natural”

O acto comeza ás 12,30 horas coa lectura dun manifesto medioambiental e despois continuara cun xantar de confraternización.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?