Espazo Ecosocialista conmemorou o 25 de Xullo "en defensa da nosa terra e da nova política"

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

Intervintes 25X

- Espazo Ecosocialista conmemorou o 25 de xullo cun acto político baixo o lema “A construción da nación comeza na defensa do BenComún natural” celebrado na Illa do Refuxio do Tambre (Sigueiro-Oroso).

- O coordinador nacional de Espazo Ecosocialista, Xoán Hermida salientou na súa intervención que ás eleccións municipais do 2015 ten que ser o punto de inflexión dun novo tempo na política galega e no estado.

- Carmen Romero deu lectura ao Manifesto “FALAMOS DA PATRIA E ARRASAMOS COA TERRA” e de seguido procedeuse cunha plantación simbólica dunha ducia de carballos en defensa do nodo medio natural nacional.

Espazo Ecosocialista celebrou o seu acto político na Illa do Refuxio do Tambre (Sigueiro-Oroso) baixo o lema: “A construción da nación comeza na defensa do BenComún natural”.

Para conmemorar o 25 de Xullo, Día Nacional de Galicia, dende Espazo Ecosocialista quérese pór o acento na grave situación de crise económica, política, social e ambiental que tamén estase a padecer en Galicia. 

O acto iniciuouse coa intervención do Coordinador Nacional de Espazo Ecosocialista, Xoán Hermida, que salientou a “necesidade de ligar a soberanía ás demandas cívicas é así poder referenciar o soberanismo cívico como un elemento clave para o cambio.

 

Para o Coordinador Nacional de Espazo Ecosocialista “un deses elementos centrais, un desas axendas do cambio, é o ecoloxismo e a defensa do medio natural. Unha das realidades confirmadas nesta crise é a desaparición do medio ambiente das axendas políticas e mesmo do imaxinario social.”.

Tamén destacou que “o curso 2014-2015 vai a estar ligado ás eleccións municipais e nesas a esquerda debería situar un novo relato de cambio democrático ligado a novas axendas.”

Xoan Hermida destacou a cita das vindeiras eleccións municipais do 2015, nas que ten reflectirse en resultados o esforzo desenvolvido pola cidadanía mobilizada e pola sociedade civil. Para o responsable ecosocialista, “ás principais situacións de cambio tiveron como comezo uns comicios municipais, como en 1931, en 1979, e mesmo en 2011 coa aparición do 15-M, e temos a obriga de dar resposta ás demandas cidadáns cunha aposta firme pola nova política”.

Para Hermida, a radicalidade democrática, as novas axendas sociais, o proxecto político de país, son alicerces da nova política, pero á política na rúa ten que ser o principal eido, situando as demandas sociais e cidadáns no centro do debate político galego e das políticas das súas institucións.

“Dende Espazo imos traballar cooperativamente en AGE, nunha AGE cada vez máis ampla, aberta e estruturada. E tamén as xentes de Espazo van participar en tódalas iniciativas cidadáns que se artellen cara a preparar proxectos de cambio nas políticas locáis e candidaturas abertas para ese fin. O recente proceso na Coruña de Marea Atlántica e unha mostra de como ten que facerse as cousas nas principais cidades galegas”, afirmou Hermida.

“Non pódese perder máis tempo en tentar hexemonizar procesos nin condicionalos co dinámicas internas. O tacticismo duns non ten cabida xa, a xente que peor está a pasar ás politicas de recortes e a crise non pode esperar nin vai esperar. Nin dende Espazo imos esperar por nadie que non quera traballar co xenerosidade” rematou o coordinador nacional de Espazo.

Posteriormente Carmen Romero deu lectura ao manifesto “FALAMOS DA PATRIA E ARRASAMOS COA TERRA”

Tal como se afirma no mesmo “asistimos a desfeitas paisaxísticas arreo, os investimentos nas infraestruturas de transporte máis contaminantes combínanse coa eliminación do apoio ás enerxías renovábeis. As subvencións ás enerxías fósiles corren parellas coa desaparición das políticas de educación ambiental. Parcelamos o noso territorio para facilitar a actuación da megaminaría, entregamos os montes ás industrias papeleira e enerxética, namentres asistimos impertérritos á destrución do tecido rural, verdadeiro garante da nosa capacidade de alimentarnos, da nosa soberanía alimentar. Seguimos a vivir nunha economía de guerra a escala global, ameazados polo perigo nuclear.” 

Dende Espazo quérese denunciar e mesmo combater “Esta irracionalidade macroeconómica implica tamén un recorte brutal de dereitos sociais a nivel galego, estatal e europeo. Esquécense as políticas redistributivas, concentrando aínda máis a riqueza nunhas poucas mans, á vez que porcións cada vez maiores da cidadanía van incrementando o seu grao de exclusión. Perséguese os activistas dos movementos sociais con todas as ferramentas represivas coas que conta o Estado e modifican a legalidade para xustificalo.”

Para a organización ecosocialista “é imprescindíbel repensar a nosa sociedade en todas as súas facianas: a económica, a enerxética, a laboral, a social, a territorial, a alimentar …xa que nin as vellas fórmulas keynesianas de obra pública nin a ausencia de fórmulas do actual neoliberalismo descerebrado poden dar resposta ás novas realidades”.

Mais este cambio de paradigma é imposible sen unha participación social profunda na súa definición e desenvolvemento. Afortunadamente estamos a vivir a un novo tempo político que nos fala dunha maior participación cidadá, dun novo xeito de entender a política ligada ás demandas reais da xente, ao Ben Común, salientan dende Espazo.

O movemento do 15M, a crise da política clásica, a irrupción de AGE, as marchas da dignidade ou o xurdimento de Podemos son capítulos dun mesmo episodio político de cambio ligado ao esgotamento dun modelo político onde a democracia era entendida como un instrumento a unha nova etapa onde a democracia empeza a ser entendida como unha expresión cívica e cultural. "Por todo isto, o 25 de xullo non só temos que falar de patria, de nación, de galeguidade namentres asistimos impertérritos á destrución dunha parte fundamental destes conceptos: a terra" rematan dende Espazo Ecosocialista.

Posteriormente ao acto as persoas asistentes participaron nunha plantación simbólica de carballos. Xa pola tarde o acto continuou cun xantar de confraternización, tarde de música, xogos, conversa e praia fluvial.

Espazo aproveitou o acto para gravar un spot publicitario coa participación coral das persoas asistentes.

 

ver aqui opdfmanifesto 25 xullo 2014

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

Twitter

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Quéresnos comentar algo?

Correo-e
Asunto
Mensaxe
Ant-Spam.Cantas pernas ten un can?

Queres recibir o noso Boletín Informativo?