A asemblea de Espazo Ecosocialista de A Coruña elixe Equipo Coordinador e referenda o seu apoio a Marea Atlántica

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

marea atlanticaA Asemblea Comarcal de Espazo Ecosocialista de A Coruña celebrada o 9 de setembro marcou as liñas de traballo do novo curso político que vai estar centrado nas próximas eleccións municipais que para os ecosocialistas terán un marcado caracter político, como parte do necesario proceso constituínte que leve a unha democracia máis avanzada, e de parte do necesario proceso de recomposición da esquerda.

Ademais serviu para elixir o Equipo Coordinador Comarcal que quedou composto por:

  • - Maite Bustamente (Coordinadora Comarcal)
  • - Xacobe Abel Fernández (Coordinador Comarcal)
  • - Begoña Graña
  • - Manuel Cobas
  • - Cristina Cabanelas
  • - Daniel Amor (Sada)
  • - Ramón Bouzas (Betanzos)

A Asemblea referendou a aposta de Espazo polas mareas cidadás e en particular pola Marea Atlántica de A Coruña.

Con posterioridade á xuntanza o novo Equipo Coordinador mantivo unha xuntanza informativa cos responsables da Marea Atlántica.

Espazo Ecosocialista en A Coruña decide apoiar o proceso de Marea Atlántica animando a todas as persoas simpatizantes e militantes a integrarse e participar.

Segundo as análises de Espazo, o momento actual pasa polo apoio sen ambivalencias de iniciativas cidadás, profundamente democráticas, cun programa claro de cambio e que non sexan tuteladas por ninguén. Marea Atlántica cumpre estes criterios, Espazo en A Coruña entende que a mellor forma de participar é que as persoas militantes e simpatizantes se integren a título individual na Marea Atlántico facendo alí o traballo local que sexa preciso, sen duplicar esforzos nin capital humano.

Entendemos que non se pode falar de igual a igual cun movemento cidadá que non pode negociar as esixencias dun partido, e que o partido non se pode integrar nel como tal. É preciso a integración das persoas sen siglas e non esperar a que se "resolvan interrogantes" senón tomar unha actitude pro-activa e actuar como cidadanía participando nos debates que prepare a Marea Atlántica.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo A Coruña

Equipo Coordinación

  • Maite Bustamante Fernández (Coordinadora)
  • Xacobe Abel Fernández (Coordinador)
  • Begoña Graña Suarez
  • Manuel Rodriguez Cobas
  • Cristina Cabanela Loira
  • Daniel Amor García
  • Ramón Manuel Bouza Tobio

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?