Espazo Ecosocialista considera que existe unha demanda da nova política en Moaña

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

acto maoañaO colectivo de Espazo Ecosocialista de Moaña que nas semanas pasadas fixo unha enquisa cidadá para saber as demandas dos e das moañesas fixo na súa última xuntanza unha valoración das mesmas.

As  perto de un centenar de enquisas recollidas  (en concreto 93) amosan un malestar claro coa xestión do actual gobernó municipal e unas demanda de cambio e de novas formas de facer política.

Espazo Ecosocialista agradece a colaboración das persoas que respostaron que suponen un bo termómetro co que a cidadanía de Moaña valora a actual situación política.

É significativo que os problemas que máis se reiteran nas enquisas son por orde as seguintes:

  • - Situación económica e desemprego
  • - Corrupción e desafeción política
  • - Falta de inversión en políticas socias e sanitarias
  • - Problemas medioambientais (desde globais coma o cambio climatico a locais como a situación da canceira municipal)
  • - Falla de inversión en educación

As persoas ademais valoraron moi negativamente á xestión do actual equipo municipal. Unha media de un 2 sobre 10.

Con respecto ao futuro o 100% dos enquisados responderon afirmativamente a necesidade de que existirá unha alternativa diferente a PP-PSOE-BNG nas próximas eleccións municipais. E preguntados sobre como debía ser esa candidatura: 89 responderon unha candidatura democrática cidadá, 2 unha coalición electoral de partidos e 2 un partido político.

As respostas son, para Espazo Ecosocialista, unha afirmación da necesidade de que exista un proceso cidadá aberto para que se configure unha alternativa á actual situación.

Esa mesma necesidade expresouse na mesa redonda celebrada o pasado xoves 4 de setembro na praza de abastos na que participaron Xose Manuel Pazos, portavoz de ACE; Manolo Torres, activista do 15M de Pontevedra; e Xoán Hermida, Coordinador Nacional de Espazo. Tanto os tres intervintes como o portavoz de Espazo en Moaña, Gonzalo Silva, coincidiron na necesidade de avanzar no artellamento de listas de esquerda de unidade cidadá para as municipais.

O grupo de Espazo Ecosocialista convocará para os próximos días unha asamblea aberta para explicar a súa visión da situación actual e as perspectivas de encetar un proceso cidadá cara as próximas municipais.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

Espazo O Morrazo

Equipo Coordinación Comarcal
(pendente de elección)
Gonzalo Silva Solla (Dinamizador)

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?