Espazo reclama o dereito dos pobos a vivir en paz e alerta sobre o crecemento da escalada bélica no mundo

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

paz01O Día Internacional da Paz celébrase cada 21 de Setembro en todo o mundo, unha data significativa proclamada polas Nacións Unidas para fortalecer os ideais de paz dentro das nacións e entre os distintos pobos do planeta. O lema escollido para este ano fai referencia, precisamente, ó DEREITO DOS POBOS Á PAZ por canto que, sen paz, como sen xustiza, faise imposible o goce de calquera outro dereito, individual ou colectivo, social ou medioambiental, dos contemplados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Neste día, as Nacións Unidas, necesitadas dunha fonda reforma democrática, chama tamén á nonviolencia e ó remate das hostilidades, ó alto o fogo, por 24 horas, nos numerosos conflitos bélicos abertos, agora mesmo, no mundo, aproximadamente 30, algúns deles ben coñecidos como é o caso de Oriente Medio, en particular, en Palestina, pola ocupación, bloqueo e intervención militar permanente do goberno xenocida de Israel. Como os casos de Libia, Siria, Iraq ou Afganistán, por citar tan só os máis relevantes, e nos que Occidente ten unha enorme responsabilidade polas súas agresións militares nos últimos anos.

Existen ademais outros moitos enfrontamentos bélicos, os chamados conflitos esquecidos, particularmente en África, que diariamente provocan mortes e destrución, desprazamentos de poboación civil, e que non son foco de atención mediática, como son os casos de Nixeria, Somalia, Sudán, República Centroafricana, República Democrática do Congo ou Malí, entre outros. Noutros lugares, a confrontación está detida á espera do cumprimento de numerosas resolucións das Nacións Unidas, caso do Sáhara, onde o Estado Español ten unha débeda pendente, na antiga Unión Soviética, en Chechenia ou en Asia, en Filipinas ou Myanmar.

En Europa, un territorio historicamente aterrorizado pola guerra, vivimos un conflito en Ucraína, alimentado e armado pola UE e polos EE.UU, por unha banda, e pola outra, por Rusia, cun resultado ate hoxe de máis de 2.000 mortos, destrución de infraestruturas, desprazamentos de poboación civil, refuxiados, nunha rexión, a fronteira rusa, especialmente sensible e que pode derivar nun recrudecemento da Guerra Fría ou nun conflito armado que tensione ate o límite os febles equilibrios a escala internacional. Saudamos o anuncio de alto o fogo entre o goberno de Kiev e as forzas rebeldes.

A decisión da OTAN de rearmarse precisamente no leste europeo, a creación dunha forza militar de intervención rápida, as ameazas con manobras militares estadounidenses na cidade ucraína de Yavoriv, con presenza de tropas españolas, unha fragata con base en Ferrol, avións e apoio loxístico, no operativo denominado “Rapid Trident” non son a mellor maneira de abordar os conflitos e as controversias internacionais. Todo o contrario, elevan a tensión global e ameazan a paz.

Por último, a presión da UE para que se incrementen os presupostos militares da Unión, a participación de varios estados membros nunha coalición internacional liderada polos EE.UU. para atacar posicións militares do Estado Islámico en Siria e Iraq, creado, alimentado e armado por Occidente e as tiranías do Golfo, son unha nova e reiterada violación do dereito internacional e da propia Carta das Nacións Unidas.

Espazo Ecosocialista Galego, neste 21 de Setembro, reitera o seu compromiso pacifista, en favor do DEREITO DOS POBOS, DE TODOS OS POBOS, A VIVIR EN PAZ, da solución pacífica e diplomática dos conflitos, da aplicación respectuosa da legalidade internacional, da nonviolencia e a renuncia á forza militar nas relacións internacionais, e a prol da cultura da paz, principios todos eles contemplados na Carta Fundacional das Nacións Unidas e violentados permanentemente polas grandes potencias, as mesmas que teñen dereito de veto no Consello de Seguridade e os principais exportadores de armas.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

Twitter

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Quéresnos comentar algo?

Correo-e
Asunto
Mensaxe
Ant-Spam.Cantas pernas ten un can?

Queres recibir o noso Boletín Informativo?