A Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento continuan as súas políticas contrarias a mobilidade sustentábel

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

fracha 2Espazo Ecosocialista situa a A57, as inversións nas autovias de Barbanza ou Salnes e o proxecto de ampliación de Rande com exemplos de paradigmas do que non se debe facer.

Outro ano máis chega o Día sen Coches, dentro da Semana Europea da Mobilidade, celebración coa que a UE pretende promover os modos de transporte de menor impacto e que contribúan a unha mobilidade sustentábel. Este ano o lema é “Unha rúa mellor é a túa elección”.

Outro ano máis, Espazo Ecosocialista reitera a denuncia das actuacións das administracións que teiman en ir na dirección contraria, bordeando a irracionalidade en moitos casos, na súa cega aposta polas grandes infraestruturas para o transporte a motor, un grande negocio para as grandes construtoras e unha ruína para o conxunto da sociedade.

 

Como exemplo paradigmático desta denuncia, temos o caso da A-57 Pontevedra-Arcade-Vigo que pretende facer de circunvalación gratuíta de Pontevedra, ademais de autovía sen peaxe,descorrendo en paralelo coa A-9.

Este proxecto preséntase no momento que a Xunta de Galicia está a inxectar millóns de euros en autovías quebradas por falla de tráfico (un 40% menos do previsto) como son as do Barbanza e O Salnés. Estas autovías construíronse mediante o modelo concesional de peaxe á sombra, no que as empresas constrúen a autovía a cambio dun canon que a Xunta debe pagar polo número de vehículos que a empregan, neste caso até o 2035. Se hai máis vehículos dos previstos, a empresa ten máis beneficios. Se hai menos, segue tendo beneficios porque a Xunta, ou sexa a cidadanía, cobre as perdas.

Paralelamente, anúncian o proxecto de ampliación da Ponte de Rande, na A-9. Por certo, autoestrada de peaxe que cando estaba a piques de amortizarse no ano 2000 e poder ser revertida ao patrimonio público, Manuel Fraga e Francisco Álvarez Cascos acordaron prorrogar a súa concesión por 25 anos máis (ata 2048).

Así, poderiámonos atopar que, no caso de construírse a A-57, esta restara grande cantidade de tráfico a A-9 e atopármonos na situación de ter investido centos de millóns de euros na A-57 e a maiores ter que inxectar outros tantos na concesionaria da A-9 polo pouco uso da mesma, co engadido de cubrirlle os custos da ampliación da Ponte de Rande. Un gran exemplo de uso racional dos cartos públicos. Onde está o beneficio para o conxunto da cidadanía?

Non precisamos máis autoestradas, nin vías rápidas. Precisamos outro modelo de transporte. Neste momento crítico da crise sistémica que estamos a padecer, os investimentos públicos débense facer pensando nun modelo de sociedade enerxética e ambientalmente viábel e socialmente solidario, no que as necesidades da cidadanía poidan ser cubertas dende a proximidade dos servizos, potenciando as redes locais de produción e consumo, poñendo en circulación o seus recursos económicos para reactivarse economicamente desde a sustentabilidade.

É por isto que Espazo Ecosocialista quere facer un chamamento as distintas Administracións para que desenvolvan una mudanza radical do modelo de transporte a prol da sustentabilidade, tanto no eido urbano como no interurbano.

Unha mobilidade sustentábel significa reducir drasticamente os desprazamentos en automóbil privado e trasvasalos aos medios ambientalmente máis sustentábeis . Esixe repensar o entorno urbano e de relación económica e social, rigor na planificación e traballar directamente coa cidadanía para apoiala no necesario cambio de paradigma. Só así poderemos desenvolver unha mudanza dos hábitos de transporte progresiva e ordenada antes de que a superación do pico do petróleo e o incremento exponencial do seu custo obrigue a facelo de xeito inmediato e caótico.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

Twitter

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Quéresnos comentar algo?

Correo-e
Asunto
Mensaxe
Ant-Spam.Cantas pernas ten un can?

Queres recibir o noso Boletín Informativo?