Alternativa Galega de Esquerda esixe a paralización da mineira de Cementos Cosmos en Triacastela ao estar a licenza suspendida

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Antón Sánchez, vén de esixir á Alcaldía de Triacastela que paralice de inmediato as actividades de Cementos Cosmos na explotación mineira de Don Isidro. A solicitude, que Sánchez remitiu por escrito (no documento anexo) ao concello da montaña luguesa, ampárase no cumprimento da lei de réxime xurídico do procedemento administrativo[1] despois de que o seu grupo parlamentario presentase un recurso de reposición contra a licenza en que se reclamaba a suspensión preventiva da mesma. Esta suspensión, considera o deputado de Alternativa, “é xa de plena aplicación, porque xa transcorreron 30 días dende a entrada da solicitude sen que o Concello de Triacastela resolveses o recurso”.

 

“Se a alcaldesa de Triacastela non atende ao recurso e á nosa solicitude”, advirte Antón Sánchez, “pode incorrer en responsabilidades administrativas ou mesmo penais, como a prevaricación omisiva”. Así, a primeira edil de Triacastela debe deter de contado as actividades da cementeira, que afectan a paraxes tan singulares e de tanto valor patrimonial como a cova de Eirós. “A actividade mineira na zona supón, como explica a veciñanza, arestora un enorme risco para esta xoia da arte rupestre”, engade Sánchez.

 

[1] (*) Lei 30/1992. Artigo 111.3. Suspensión da execución.

“La ejecución del acto impugnado se entenderá suspendida si transcurridos treinta días desde que la solicitud de suspensión haya tenido entrada en el registro del órgano competente para decidir sobre la misma, éste no ha dictado resolución expresa al respecto”.

 

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?