Espazo Ecosocialista e a Agrupación de Electores de Redondela (AER) abren vías de cooperación conxuntas

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

aerReunidos Espazo Ecosocialista Galego e a Agrupación de Electores de Redondela (AER), DECLARAN:

Que Espazo Ecosocialista naceu ao calor do 15M, entendendo que dito movemento, máis aló das súas voces concretas, expresaba unha demanda de cambio de acción política, froito da desafección dunha parte importante da poboación que observaba aos partidos políticos como clubs privados, onde o único que se facía era perpetuar mecanismos de poder e reparto do mesmo, deixando de lado a preocupación do ben común.

Que nas eleccións municipais de 2011 xurde no concello de Redondela a candidatura cidadá e local de AER, respondendo ás demandas de acción política municipal contra as elites que controlan a vida do concello.

Espazo Ecosocialista é unha forza galega da esquerda renovadora e verde, que fai pivotar a súa acción política sobre tres elementos: cooperativo, radical democrático e propositivo.

Desde o 2011 AER leva representando ao mesmo sector social que Espazo quere representar desde a súa presenza no Concello sen entrar na trampa do bipartidismo, cumprindo as súas promesas electorais e defendendo no Concello os intereses dos de abaixo, con maior ou menor acerto. Ademais ten unha dinámica de participación non excluínte que coincide cos principios de Espazo.

Sendo así, AER é a plataforma sobre a que, ensanchándose e ampliándose, pero mantendo o seus principios fundacionais, pode construírse a alternativa municipal ao de sempre, sen necesidade de estar intentando novas plataformas que no mellor dos casos só aportarían división.

Por isto ESPAZO e AER COMUNICAN:

1. - ESPAZO recoñécese na actividade municipal na candidatura de AER.

2.- ESPAZO animará aos seus membros e simpatizantes a participar como cidadáns no traballo cotiá de AER.

3.- A Agrupación de Electores de Redondela (AER) levará ao Concello as demandas de Espazo Ecosocialista, tal como ven facendo coas demandas de asociacións, veciños, partidos sen representación e outros colectivos na súa práctica política habitual.

4.- ESPAZO e AER estudaran levar adiante campañas de concienciación social conxunta naqueles temas que consideren, especialmente os referidos a temas medioambientais e de xustiza social.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

Twitter

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Quéresnos comentar algo?

Correo-e
Asunto
Mensaxe
Ant-Spam.Cantas pernas ten un can?

Queres recibir o noso Boletín Informativo?