Espazo Ecosocialista sumase á manifestación contra as touradas en A Coruña e esixe que se pare a financiación deste tipo de ‘espectáculos’

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

antitouros

A Asemblea Comarcal de Espazo Ecosocialista de A Coruña quere animar aos seus amigos e simpatizantes a participar na manifestación de maña domingo 5 de Outubro (que sairá ás 12 horas desde O Obelisco) convocada pola plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas; a Asociación Animalista Libera e a Fondation Franz Weber.

Espazo Ecosocialista quere amosar o rexeitamento da cidadanía ás touradas como espectáculo cruel e impropio dunha sociedade avanzada do século XXI. Para os ecosocialistas as torturas a animais non poden ser consideradas nin arte nin cultura e cre que as autoridades,en lugar de promocionar as touradas, deberían tomar medidas para a súa supresión.

Os touros en particular, e os animais non humanos en xeral, son considerados polas correntes máis avanzadas do pensamento como suxeitos de dereito e polo tanto posuidores do dereito á vida e a non tortura ou sufrimento como calquera ser humano.

Para os ecosocialistas existe unha responsabilidade clara da administración locais de A Coruña polo seu financiamento directo. Nun momento de crise coma o actual onde se recortan dereitos sociais básicos non se pode seguir a financiar espectáculos denigrantes con seres vivos que de outro xeito xa houberan desaparecidos.

Espazo Ecosocialista esixe o cese inmediato das axudas directas e máis as encubertas ás touradas por parte das institucións públicas, nomeadamente do Concello de A Coruña, principais financiadores públicos e insta á Xunta a aprobar unha Lei de Protección Animal que prohiba as touradas e outros espectáculos onde se torture ou mate animais seguindo o exemplo do feito polos parlamentos Catalá ou Canario.

 

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo A Coruña

Equipo Coordinación

  • Maite Bustamante Fernández (Coordinadora)
  • Xacobe Abel Fernández (Coordinador)
  • Begoña Graña Suarez
  • Manuel Rodriguez Cobas
  • Cristina Cabanela Loira
  • Daniel Amor García
  • Ramón Manuel Bouza Tobio

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?