Espazo Ecosocialista asume o programa de Europa Laica sobre laicidade e obxección de conciencia

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

laicidadeO presidente de Europa Laica - observatorio de laicismo e de laicidade- Francisco Delgado, e o seu representante en Galicia, Luís Valcarce, mantiveron hoxe martes 7 de outubro en Santiago de Compostela unha xuntanza co Equipo Coordinador de Espazo Ecosocialista.

O motivo da xuntanza era trasladar a Espazo Ecosocialista as propostas programáticas que Europa Laica ten desenvolto para levar nos programas electorais a nivel estatal, autonómico e municipal para avanzar en políticas de laicidade e obxección de conciencia.

Para Europa Laica existe unha secularización na sociedade civil que non se corresponde no plano da política. Algúns dos datos que atestiguan esa secularización social esta na enquisa da ONU sobre crenzas nos países que sitúa ao estado español no final da táboa cun 51% de desapego relixioso ou soamente un 23% da poboación con necesidade relixiosa.

No 2012 segundo a conferencia episcopal soamente bautizáronse o 62% das crianzas nadas o una última declaración da Renda soamente un 31% riscou a casilla de axuda a igrexa católica.

Estes datos, que amosan unha sociedade moderna e laica, contrastan coas políticas gobernamentais, que seguen a manter os privilexios da igrexa católica e a non asegurar a liberdade de conciencia.

Os representantes de Espazo Ecosocialista acolleron como positivas as medidas propostas por Europa Laica para os concellos e se comprometeron a levalas ás candidaturas onde participen nas próximas eleccións municipais.

AS obrigatoriedade do pago do IBI, comezando pola elaboración dunha relación de propiedades que non pagan IBI, o trasvase de escolas privadas relixiosas á titularidade publica, a non asistencia institucional a actos relixiosos, a retirada de simboloxía relixiosa da esfera publica ou o carácter laico dos cemiterios de titularidade pública son algunhas das propostas recollidas.

Os representantes de Europa Laica manterán unha xuntanza co Grupo Parlamentar de AGE para trasladarlle as súas propostas no ámbito autonómico.

 

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

Twitter

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Quéresnos comentar algo?

Correo-e
Asunto
Mensaxe
Ant-Spam.Cantas pernas ten un can?

Queres recibir o noso Boletín Informativo?