Mesa Redonda sobre novo tempo político en Lugo

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

banner acto lugoVivimos un novo tempo político. O movemento do 15M, a crise da política clásica, a irrupción de AGE, as Marchas da Dignidade ou o xurdimento de Podemos son capítulos dese mesmo marco de cambio ligado ao esgotamento dun modelo político que concibe a democracia como instrumento dunhas relacións de poder ilexítimas, e que agora abre unha nova etapa na que democracia empeza a ser entendida como unha expresión complexa de carácter cívico e cultural.

As próximas eleccións municipais teñen un marcado carácter político pois forman parte do episodio de cambio político nos que se ten que dilucidar o resultado dun proceso constituínte aberto de facto e tamén porque os seus resultados van a ser determinantes no proceso de reconstrución que vive a esquerda.

De feito son as eleccións que poden servir para pechar o marco aberto simbolicamente polo movemento 15M durante as pasadas eleccións municipais. Trátase, nese senso, dunhas eleccións nas que o importante non serán as actas de concelleiros/as que se obteñan, senón a perspectiva de cambio que se lle dea as mesmas.

Nestes días están a xurdir diferentes iniciativas, chamamentos e manifestos na liña de como abordar ese novo tempo. Algunhas experiencias unitarias como ACE en Cangas; experimentación política a partir da necesidade de abrir un camiño, como Ames Novo, ou manifestos de cambio como Marea Atlántica na Coruña, son os máis significativos e marcan os pasos a dar.

Para Espazo necesitamos procesos cidadás e inclusivos, onde os partidos que decidan somerxerse no medio das augas da Marea o fagan ‘desarmándose’ e cedendo a súa soberanía as cidadás. Non abonda coa mera unidade como elemento agregativo de siglas, senón que cómpre a cooperación política entre espazos culturais e cidadáns.

Para reflexionar sobre este ‘novo tempo político e as eleccións municipais’ Espazo Ecosocialista organiza unha Mesa Redonda o xoves 16 de outubro ás 20,00 horas en O Carneiro Alado (rúa Salvador de Madariaga, 8) coa presenza de:

- Presentación: Elias Pérez (Profesor de filosofía)
- Manolo Dios (Vicecoordinador e representante de ESPAZO no GP de AGE)
- Chus Boo (Vicecoordinadora de ESPAZO e membro de AMES NOVO)
- Xoán Hermida (Coordinador Nacional de ESPAZO)

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

Espazo Lugo

Dinamizador Comarcal

Elías Pérez

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?