Alternativa Galega de Esquerda esixe a paralización inmediata da actividade mineira sobre a valiosa cova de Eirós en Triacastela

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe a paralización cautelar inmediata da actividade mineira sobre a cova de Eirós, en Triacastela. O traballo da maquinaria de cementos cosmos na mina de Don Isisdro, advirte o deputado Antón Sánchez, pode xa ter producido danos irreparábeis sobre o valiosísimo conxunto de pinturas rupestres da gruta. A asociación cultura O Iribio e mais a agrupación ecoloxista Adega están a dar a voz de alarma.

 

“Cómpre a paralización cautelar da actividade e a avaliación dos danos xa producidos”, reclama Sánchez, “e pode que atopemos moi desagradábeis sorpresas e estragos irreparábeis”. Adega presentou unha denuncia na fiscalía e veciñas e veciños do lugar avisan de que as filtracións de auga ameazan seriamente as pinturas rupestres, únicas na Galiza. “O patrimonio da cova de Eirós está en perigo”, insiste Sánchez, quen denuncia a pasividade cómplice da Xunta co Concello de Triacastela, que malia os graves defectos na concesión da licenza de explotación a Cementos Cosmos, non exerceu as súas competencias en protección patrimonial.

 

Alternativa Galega de Esquerda rexistrou diversas iniciativas ao respecto e súmase á esixencia urxente da paralización cautelar dunha explotación mineira que pode estra xa causando estragos sen retorno ás pinturas rupestres da cova de Eirós en Triacastela.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?