Espazo Ecosocialista organiza a súa Conferencia Política sobre a construción de alternativas nos Concellos

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

1901965 386260811531449 7546336502555713993 n

O vindeiro 8 de novembro, Espazo Ecosocialista organiza a súa conferencia política centrada no desenvolvemento de alternativas nos Concellos. O lugar será o Pazo da Peregrina en Bertamiráns (Ames). As xornadas comezarán cunha Mesa Redonda sobre cidadanía e cambio nos concellos, na que contaremos con representantes de distintas plataformas que están a constituirse en alternativa en concellos do país. Así, teremos representantes da Maréa Atlántica, de Ames Novo e da AER de Redondela; xunto coa participación de Fabio González, Portavoz de EKI-Iratzarri e Alex Mañas, Concelleiro en Badalona e portavoz de ICV na deputación de Barcelona.

Pola tarde desenvolveremos 3 seminarios: Municipalismo e ordenación territorial, Orzamentos participativos e remunicipalización de Servizos e Sustentabilidade e Urbanismo nos que contaremos con Martiño Noriega, alcalde de Teo, Alex Mañas, concelleiro en Badalona, Daniel Beiras, arquitecto e redactor de planeamentos municipais en concellos costeiros e Manuel Hermo e Xose Manuel Penela, funcionarios dos concellos de Vigo e Redondela respectivamente, entre outros.

As xornadas rematarán cun plenario para debater as conclusións

Velaquí tedes o programa

 

CONFERENCIA POLÍTICA de ESPAZO ECOSOCIALISTA sobre a CONSTRUCIÓN DE ALTERNATIVAS NOS CONCELLOS                                                       

Pazo da Peregrina. Bertamiráns-Ames 08.11.2014


11,00 horas.- Chegada e recepción das persoas participantes.

11,30 a 13,30 horas.- Mesa Redonda sobre cidadanía e cambio nos concellos

                        Interveñen:

- Representante de AER-Redondela

- Iago Martínez, representante da Marea Atlántica

- Quique Costas, coordinador de Ames Novo

-  Fabio González, portavoz de EKI-Irratzarri  

-  Alex Mañas. concelleiro en Badalona e portavoz de ICV na deputación de Barcelona

-  Bernardo Lorenzo. Vicecoordinador de Política Municipal de Espazo

14,00 a 16,00 horas.- Xantar *

16,30 a 18,00 horas.- Seminarios

-  Seminario A: Municipalismo e ordenación territorial 

(Relatorios: Alex Mañas, portavoz de ICV na deputación de Barcelona; e Martiño Noriega, alcalde de Teo e coordinador de Anova)

-  Seminario B: Sustentabilidade e Urbanismo

(Relatorios: Xan Duro, activista ecoloxista e membro do ECN de Espazo; e Daniel Beiras, arquitecto e redactor de planeamento municipal  en concellos costeiros)

-  Seminario C: Orzamentos participativos e remunicipalización de Servizos

(Relatorios: Manuel Xosé Penela, funcionario do concello de Vigo; e Manuel Hermo, funcionario do concello de Porriño)

18,00 a 19,00 horas.- Pleno. Conclusións e Resolución

19,00 horas .- Merenda despedida

 

Google Maps

 

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?