A destrución do monte da Fracha pola A57chega ao Congreso dos Deputados

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

Salvemos FrachaEspazo Ecosocialista, por medio do deputado de ICV Joan Coscubiela, adscrito ao Grupo Parlamentar da Esquerda Plural (IU/ICV-EUiA/CHA), ven de rexistrar no Congreso dos Deputados dúas iniciativas parlamentarias a propósito do paso da A57 por Pontevedra e a destrución do Monte da Fracha.

Espazo Ecosocialista que apoia as demandas do colectivo Salvemos a Fracha xa se comprometerá hai uns meses a levar iniciativas deste tema ao Congreso dos Deputados aproveitando a colaboración de Espazo con Iniciativa Per Catalunya- Vers.

A primeira iniciativa consiste nunha pregunta escrita dirixida ao goberno onde se formula ao mesmo a non necesidade de dita infraestrutura toda vez do seu impacto ambiental, gasto de recursos en plena crise e duplicidade de infraestruturas ao existir xa unha circunvalación (a A9) amortizada e necesaria de recuperar para a súa gratuidade.

A segunda tratase dunha Proposición Non de Lei, pola cal se esixe a paralización do proxecto da A-57 ao seu paso por Pontevedra e a liberalización da peaxe da A-9 co fin de facer gratuíta a circunvalación de Pontevedra por dicha autoestrada.

Segundo a dinámica parlamentar a primeira en substanciarse será a pregunta escrita, que en función da súa resposta satisfactoria ou non, Espazo Ecosocialista transformara nunha moción para o seu debate.

Espazo Ecosocialista reitera unha vez máis o seu apoio ao colectivo Salvemos a Fracha nas súas xustas demandas sociais e medioambientais e esixe das administracións local e estatal un cambio de actitude con respecto a unha cuestión de tanta relevancia

 

Ver texto integro da pdfPNL A57 e da pdfPregunta A57

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Pontevedra

Equipo Coordinación Comarcal:

  • Ana Isabel González Varela  (Coordinadora Comarcal)
  • Jose Antonio Ramírez Amor  (Coordinador Comarcal)
  • Silvia Rodriguez Fontan
  • Sara Ramirez Abal
  • Adele Cardarelli
  • Xoán Hermida González

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?