A Conferencia Política de Espazo aproba o apoio ás inciativas cidadás democráticas sen ningunha contraprestación

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

conf. polit EspazoA Conferencia Política de Espazo Ecosocialista sobre a construción de alternativas nos concellos, celebrada hoxe sábado 8 de novembro de 2014, definiu as liñas xerais de intervención da proposta ecosocialista para as eleccións municipais de maio de 2015.

Reiterar unha vez máis que para Espazo Ecosocialista estamos diante dunhas eleccións de marcado carácter político pois forman parte do episodio de cambio político nos que se ten que dilucidar o resultado dun proceso constituínte aberto de facto e tamén porque os seus resultados van a ser determinantes no proceso de reconstrución que vive a esquerda democrática.

Nos últimos meses están a xurdir diferentes iniciativas cidadás na liña de como abordar ese novo tempo. Algunhas experiencias unitarias como ACE en Cangas; experimentación política a partir da necesidade de abrir un camiño, como Ames Novo; ou manifestos de cambio como Marea Atlántica na Coruña, son os máis significativos e marcan os pasos a dar.

 

Desde o primeiro momento Espazo Ecosocialista apoiou as diferentes iniciativas sen demandar a cambio ningunha contraprestación partidaria. Así membros e simpatizantes de Espazo participan da Marea Atlantica, da Marea de Vigo, de Marea Pontevedra, de Marea Ártabra, de Betanzos Novo, de Ames Novo, de AER-Redondela, de Compostela Aberta, de Ourense en Común ou de Ribadeo en Común.

mesa redonda cpPara Espazo, necesitanse procesos cidadás e inclusivos, onde os partidos que decidan somerxerse no medio das augas da Marea o fagan ‘diluíndose’ e cedendo a súa soberanía as cidadás. Non se trata de se a converxencia se produce nos marcos da esquerda ou dos do nacionalismo, pois situando a proposta programática na esquerda e sendo o carácter nacional o factor político para vertebrar hexemonías, a chave neste momento esta no factor democrático. Non abonda coa mera unidade como elemento agregativo de siglas, senón que cómpre a cooperación política entre espazos culturais e cidadáns.

A resolución, aprobada por unanimidade, apostase pola “construción de alternativas hexemónicas para nuclear o cambio, fuxindo do esquema de negociación e reparto multipartito de xestión”.

Ademais Espazo Ecosocialista apoia a aquelas iniciativas cidadás, aceptando os resultados dun proceso cos únicos condicionantes dun programa transformador no marco dunha nova democracia (período constituínte) e dunha metodoloxía radical democrática na elección das candidaturas (primarias abertas).

Promover, naqueles concellos onde non exista unha iniciativa cidadá coa mínima masa crítica , impulsar coalicións electorais con outras forzas democráticas, priorizando coas forzas do espazo AGE e con Podemos

A Conferencia Política de Espazo Ecosocialista aprobou ademais unha resolución en defensa dos dereitos democráticos dos e das cidadás de Catalunya.

 

Texto integro de pdfRESOLUCION CONFERENCIA POLÍTICA 08.10.2014

Texto integro de pdfEn defensa dos dereitos democráticos dos e das_cidadás de Catalunya

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

Twitter

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Quéresnos comentar algo?

Correo-e
Asunto
Mensaxe
Ant-Spam.Cantas pernas ten un can?

Queres recibir o noso Boletín Informativo?