Espazo Ecosocialista cre necesaria a converxencia entre Gañemos Lugo e Lugo en Común

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

15M lugoO colectivo de Espazo Ecosocialista en Lugo considera que a situación social xeral e política do noso Concello obriga a ter altura de miras por parte das forzas políticas que se sitúan no campo da ruptura democrática para que non tire pola borda unha oportunidade irrepetible no próximo tempo.

Para Espazo a situación de emerxencia social que vivimos e que conleva sofremento ás persoas, súmase unha situación de crise de ‘réxime’ que ten na corrupción política e económica unha das súas características máis visibles.

O fin do modelo bipartidista ten en Lugo un paradigma de desafección cidadá pola desconfianza cara a un goberno sinalado pola xustiza e anos de desgoberno, onde ademáis dos dous grandes partidos, tampouco o BNG foi quen de dar alternativas; nun primeiro momento polo apoio ao goberno do PSdeG e na última etapa por falla de unha estratexia clara de cambio.

Diante deste ciclo de fin de 'réxime' e novo proceso constituínte, Espazo ten defendido que hoxe o que toca son amplas alianzas democráticas e cidadás con programas construídos desde a esquerda.

No caso de Lugo, é inexplicable pola poboación que sofre os recortes e a situación de asfixia democrática que existan dúas iniciativas que se reclaman cidadás e democráticas: Gañemos Lugo e Lugo en Común.

Os membros e simpatizantes de Espazo, a titulo persoal, veñen participando desde o primeiro momento nas dúas iniciativas sen esperar contraprestación de ningunha clase.

Espazo Ecosocialista de Lugo cre que chegou o momento de demandar aos promotores de ambas iniciativas para que conflúan nunha única candidatura cidadá e democrática.

De non darse este proceso demandado pola maioría social agredida, as persoas ou colectivos que non o facilitan ou que se opoñen deberían dar explicacións públicas de o por qué.

Para Espazo a única condición de participación e apoio a estas iniciativas sería o feito que se formulara desde a ‘nova política’ e desde a radicalidade democrática, fundamentalmente desde a participación directa da cidadanía, tanto na elaboración do programa como na elección das candidaturas en primarias abertas.

De non producirse esta confluencia ou de non garantirse esas condicións democráticas, Espazo Ecosocialista tomará as decisións que considere e que favorezan á construción dunha nova maioría, tendo en conta que o único compromiso dos ecosocialistas é cos cidadáns e as cidadás de Lugo e con ninguén máis.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

Espazo Lugo

Dinamizador Comarcal

Elías Pérez

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?