Apoio de Espazo Ecosocialista ao movemento municipalista Ourense en Común

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

B5dSrVICAAAifhkO pasado martes 16 de decembro reuniuse no Ateneo de Ourense, as xentes do movemento municipalista Ourense en Comun e da agrupación de Espazo Ecosocialista de Ourense, para tratar da confluencia  no proxecto popular formado de cara as eleccións municipais.

Espazo Ecosocialista xa fixera público a nivel nacional o apoio as diferentes iniciativas cidadás que están a xurdir polo país, cos únicos condicionantes dun programa transformador no marco dunha nova democracia (período constituínte) e dunha metodoloxía radical democrática na elección das candidaturas (primarias abertas).

Desde Espazo Ecosocialista de Ourense entendemos que Ourense en Común representa claramente esa formulación democrática polo que facemos público todo o noso apoio. Compartimos os mesmos principios de como construír unha nova alternativa política con vontade de gobernar a cidade transparencia, horizontalidade e participación.

A cidadanía reclama maior participación popular na política e unhas institucións abertas e próximas na xestión, para facilitar este proceso de cambio de unha democracia representativa, cunha cidadanía necesariamente pasiva e alonxada dos problemas reais da xente, a unha democracia participativa. Apostamos por esta confluencia de forzas que quere construír Ourense en Común.

Falta moito por traballar e pouco tempo de aquí as eleccións pero confiamos na capacidade do proxecto de ilusionar as persoas de Ourense, e que entre todas elaboremos un programa realista e transformador  que sexa quen de sumar apoios que permitan entrar no Concello a persoas dispostas a defender o programa da cidadanía, porque non nos merecemos o concello que temos.

 

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Ourense

Equipo Coordinación Comarcal

(pendente de elección)

Anxeles Faraldo Valles (Dinamizadora Comarcal)

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?