A asemblea de Espazo Ecosocialista en Vigo aposta por procesos de confluencia arredor da Marea de Vigo e de AER Redondela

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

marea vigoA Asemblea Comarcal de Espazo Ecosocialista de Vigo ratificou a súa decisión de apoiar a Marea de Vigo e AER de Redondela como os espazos sobre os que se debe vertebrar os procesos de confluencia cara as municipais.

Espazo Ecosocialista Galego ten manifestado reiteradamente o seu apoio sen ambivalencias ás plataformas cidadás que a través de ferramentas radicalmente democráticas, como as listas abertas á cidadanía, programa de elaboración participativa ... supoñan un claro e profundo cambio socio político que devolva a cidadanía o papel protagonista dun auténtico estado democrático de dereito.

Dende que o pasado mes de agosto a Marea de Vigo publicou o seu manifesto, a plataforma ten amosado cumprir sobradamente con eses criterios, e amosado as formas e modelos precisos para afrontar o cambio.

 

Reunido este sábado 24 de xaneiro de 2015 a Asemblea de Espazo Ecosocialista Galego para a comarca de Vigo tomáronse os seguintes acordos:

 

1.- O apoio sen condicións ao movemento cidadá da Marea de Vigo e de AER Redondela, asumindo tódolos acordos e resolucións que se aproben nos seus órganos, nomeadamente nas súas respectivas asembleas. Espazo aposta por procesos de confluencia amplos pero deben facerse desde os espazos máis unitarios construídos ata o de agora.

2.- Non considera outra posíbel alternativa para a participación nas vindeiras eleccións municipais que na Marea de Vigo, co nome, estrutura e formula legal que no seu momento o propio movemento cidadá acorde. Participará nos grupos de traballo do movemento aportando as súas opinións e traballando para a construción dunha alternativa real de goberno da esquerda rupturista.

3.- Espazo Ecosocialista considera que a formula máis acaída para a presentación é a formula de partido político xa que é a que mellor mantería o equilibrio entre a autonomía do propio movemento cidadá e a coordinación con outros movementos e mareas. Non obstante unha cousa é a formula legal que se utilice, para Espazo o menos importante, e outra que a Marea de Vigo apareza claramente diante da sociedade como un proxecto unitario de cidadáns e non como un proxecto agregativo de siglas.

4.- A participación das persoas vinculadas a Espazo en Vigo nas listas abertas para conformar a candidatura as eleccións municipais de Vigo será libre, non habendo previamente ningún outro proceso interno. Se ben, aquelas persoas que ostenten algún cargo representativo, de coordinación ou calquera outro dentro do partido, de obter cargo de representación política, antes da toma de posesión do mesmo, cesarán no cargo dentro do partido, adicándose única e exclusivamente a Marea de Vigo.

5.- Ao mesmo tempo interpela ao seu capital humano, militantes, seguidoras e simpatizantes a integrarse a titulo individual facendo o traballo local que sexa preciso desenvolver. E ao resto de forzas políticas e organizacións a sumarse ao proceso en condicións semellantes, co obxectivo de recuperar o goberno da cidade de Vigo coa cidadanía.

6.- Con respecto a Redondela, o pasado 2 de outubro Espazo Ecosocialista e AER presentaban un comunicado conxunto de recoñecemento mutuo e de traballo común. No marco dese acordo Espazo Ecosocialista recoñecía a AER como a iniciativa cidadá sobre a que construír a alternativa no ámbito municipal en Redondela.

Este acordo foi tomado polo ECN, tendo en conta a opinión da base simpatizante de Espazo en Redondela, e foi referendado por unanimidade no Consello Aberto Nacional de Espazo Ecosocialista o pasado 29 de novembro.

Espazo aposta por converxencias amplas, o máis amplas posibles, pero partindo da realidade existente e non do 'adanismo' político que o único que faría é fragmentar aínda máis a situación.

Por outra banda, Espazo é un partido serio que é consecuente cos acordos que toma, namentres non cambie a situación. Correspóndelle pois a AER vertebrar calquera candidatura municipalista que se presente as eleccións de maio.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo Vigo

Equipo Coordinación Comarcal

Belen Marquez Rodriguez (Coordinadora Comarcal)

Manuel Hermo Verisimo (Coordinador Comarcal)

Charo Romero Baamonde (Vicecoordinadora area igualdade)

Manuel Xosé Lorenzo Penela (Vicecoordinador area municipal)

Julio Fernandez González (Vicecoordinador area movementos sociais)

Fran Sobral Crespo (Vicecoordinador Redondela)

Oscar Cordero Santamaria

Conchi Riobó García

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?