Espazo Ecosocialista anima a participar nas primarias da Marea Atlántica pensando no proxecto común e non nos intereses de parte

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

marea coruñaO Equipo Coordinador de Espazo Ecosocialista de A Coruña quere animar á cidadanía de A Coruña a participar masivamente nas primarias da Marea Atlántica co fin de que o resultado poida ser unha candidatura gañadora e con vocación de cambio político.

Nese senso cre que Xulio Ferreiro é a persoa idónea para encabezar un proxecto gañador como o que debe representar a Marea Atlántica.

Por outra banda quere deixar claro, diante dalgunhas noticias aparecidas nos medios de comunicación, que ningún membro de Espazo Ecosocialista de A Coruña forma parte da candidatura 14 de abril.

É máis desde Espazo Ecosocialista sempre se entenderon as Mareas como iniciativas de unidade popular e non como agregación de siglas polo que a aposta dos ecosocialista é que as persoas que representen as Marea prioricen no proxecto común e non nos intereses de parte.

Nese senso, Espazo Ecosocialista non pide o voto para ningunha candidatura, como non podía ser doutro xeito, aínda que lamenta que algunhas das candidaturas estean pensadas no interese lexitimo pero de parte en lugar do proxecto común necesario para despois do 24 de maio.

Para o Equipo Coordinador de Espazo Ecosocialista de A Coruña o fundamental é que haxa un alta participación que sirva de pulo para levar o cambio necesario ao goberno de María Pita.

Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Espazo A Coruña

Equipo Coordinación

  • Maite Bustamante Fernández (Coordinadora)
  • Xacobe Abel Fernández (Coordinador)
  • Begoña Graña Suarez
  • Manuel Rodriguez Cobas
  • Cristina Cabanela Loira
  • Daniel Amor García
  • Ramón Manuel Bouza Tobio

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?