Foro OBenComún

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no FacebookPartillar no Twitter

Espazo Ecosocialista quere ser fundamentalmente un colectivo propositivo. A esquerda non será capaz de construír unha alternativa senón é capaz de vertebrar unha proposta críbel, construída desde a proposición de solucións ás contradicións reais que ten a sociedade e que permitan elaborar un relato ancorado en novos horizontes.

Para iso é importante fuxir do tacticismo, do caneo curto, saber que os procesos de construción son complexos e necesitan da participación colectiva de moitas persoas.

Xunto coa elaboración colectiva diaria ligada á practica política necesitase un foro de reflexión e debate que vaia un paso por diante das axendas cotiás.

Espazo Ecosocialista impulsará o ForOBenComún coma unha iniciativa concibida como un lugar aberto a outras miradas co único obxectivo de axudar na procura de elementos epistemolóxicos para a renovación da esquerda e para facilitar os procesos de cooperación e converxencia das persoas e colectivos que se encontran interpelados niso que nos entendemos a esquerda nacional.

O obxecto do ForOBenComún é a promoción, o fomento, o estudo e a investigación dos principais acontecementos políticos e sociais, dende unha perspectiva de esquerda nacional, transformadora, ecoloxista e feminista.

A vontade do ForOBenComún é ser un espazo de reflexión e de formación, de debate e de intercambio. Nun momento de novos retos polo pensamento transformador, de cambios de paradigmas e de crecentes complexidades, a esquerda nacional ten que saber responder con rapidez a todo e elaborando tamén un novo discurso.

A finalidade é contribuír no establecemento das bases dun pensamento ligado á emancipación social, á defensa do medio ambiente e á igualdade de xéneros, dende a participación e a radicalidade democrática. O ForOBenComún ten como finalidade a difusión e a elaboración do ecosocialismo galego.

Pódense formular cinco liñas estratéxicas nos obxectivos do ForOBenComún:

A. ten que ser un espazo de reflexión e de análise dos procesos de cambio social, das contradicións e dos conflitos emerxentes e dos potenciais da acción que se crean.

B. ten que axudar a impulsar e espallar as novas axendas políticas e sociais da esquerda nacional galega do século XXI. Xerar ideas, argumentos e propostas para a profundización e a radicalidade democrática, a transformación social e ecolóxica, a feminización, e a defensa da diversidade cultural.

C. ten que promover o debate e a aprendizaxe sobre propostas e formas emerxentes de acción colectiva, co horizonte dunha sociedade inclusiva, paritaria, sustentábel e participativa.

D. ten que construír espazos de diálogo entre as diferentes sensibilidades e culturas das esquerdas nacionais, políticas e sociais. Axudar a repensar as pautas de diálogo e interacción entre as forzas políticas e os movementos sociais.

E. ten que ser un instrumento de recuperación da memoria histórica colectiva, de artellar e de pór en diálogo a bagaxe histórica coa necesidade de afrontar os retos do futuro.

 

INICIATIVAS

Xornadas renovando a esquerda. Faculdade de Ciencias Políitcas da USC, 29 de novembro e 13 de decembro de 29 de 2012.

Folleto xornadas Mesas

 

PUBLICACIÓNS

Ecoloxía Política. Olladas desde Galicia. A sociedade humana na súa configuración actual depende, alén dos alimentos, fundamentalmente da enerxía fósil e dos recursos minerais non enerxéticos. Ámbalas dúas están entrando en fase de esgotamento. A Axencia Internacional da Enerxía sinalou o ano 2006 como o ano de superación do pico do petróleo convencional. A partir dese momento iníciase unha curva descendente na capacidade de extracción, que se pretende substituír con petróleo de fontes non convencionais como as areas bituminosas ou derivados froito do fracking. Outros investigadores sinalan o ano 2050 como a data na que a demanda de minerais como ouro, prata, chumbo, cinc, cobre ou níquel, será superior ás reservas totais dos mesmos.

Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise que vive o capitalismo globalizado, o proceso de esgotamento dos recursos minerais e enerxéticos tradicionais, a progresiva degradación ambiental e as desigualdades locais e mundiais configuran un panorama crítico diante do que semella que non temos máis que dúas respostas. A primeira resúmese nunha fuxida cega cara a diante, pechando os ollos á realidade. A segunda, unhas infundadas esperanzas nunhas supostas tecnoloxías que virán resolver os problemas, é dicir, o tecno-optimismo. Case que unha relixión na actualidade.

  • Editorial: Obencomún
  • Impresión: SacaUntos
  • Composición: dseña.com
  • DL: C237-2015
  • ISBN: 978-74-606-5931-0

 

[Re]Construír a Esquerda Nacional. Da Rolda de Rebeldía a AGE; pretende ser un percorrido da evolución da esquerda galega dos últimos 3 anos. A crise da esquerda clásica e dos instrumentos veñen de moi atrás pero é quizais nos últimos anos cando se percibe con máis forza nos sectores máis dinámicos do nacionalismo político e na esquerda social a necesidade da procura de novo horizontes. Os artigos que conforman este libro corresponden a estes anos e son unha aposta clara pola construción dunha esquerda nacional, transversal, renovadora e transformadora. Desde hai anos os homes e mulleres da esquerda se encontran orfas de referentes que liberen as súas enerxías e as súas demandas de cambio. O movemento do 15-M puxo de releve unha clara desafección de sectores sociais importantes con respecto aos instrumentos partidarios existentes e amosou unha demanda dunha nova forma de facer política. O traballo, as veces con altas doses de voluntarismo, de xentes moi plurais acabou de facer o resto, demostrando que en momentos de crise a estrutura de partidos non é tan estable como aparenta e existe sitio para novas forzas. Esta por ver que esas novas forzas sexan realmente novas e se asenten no mapa político.

  • Editorial: Obencomún
  • Impresión: Tórculo
  • DL: PO 238-2013
  • ISBN: 978-84-616-4481-0
Facebook-01Facebook-01
Twitter-03Twitter-03
GoogleplusGoogleplus
PinterestPinterest
Rss-017Rss-017
DiigoDiigo
Linkedin-01Linkedin-01
Youtube-05Youtube-05

logoObencomun cor

Video destacado

"Alternativas ecosocialistas

en Europa"

 

Podes ver máis videos

na nosa sección multimedia

A forza dos nosos dereitos

 

Facebook

Powered by Enter Logic

Queres recibir o noso Boletín Informativo?